sábado, 16 de novembro de 2024
A montaña moi preto da casa.
Aínda que na península de Bezoucos non temos montaña, so uns montes de altura media, en pouco máis de media hora de coche, podemos estar nos montes das serras de A Faladoira, A Gañidoira, A Capelada, O Xistral,...para disfrutar dunhas horas da montaña en todo o seu esplendor. Agora, co outono cubrindo a paisaxe coas súas cores, está espectacular. Moito onde escoller!
venres, 15 de novembro de 2024
A melodía da auga
Sabemos que os sons do bosque, da auga, dos paxaros,...son un remedio natural para descansar a mente, quitar o estrés, a ansiedade.
Para recuperar a calma, aquí témolo fácil. Un paraíso natural é o noso entorno: mar, montes, vales, bosques,...Busca e disfruta! Novembro é un mes estupendo para estes paseos.
(As fotos e vídeos son de recunchos de Monfero. Regos e afluentes que levan as súas augas ao Eume.)
xoves, 14 de novembro de 2024
Veranciño de S. Martiño
No verán de S. Martiño, eses días de bo tempo que adoitan darse arredor do 11 de novembro, podemos aproveitar para disfrutar de paseos na natureza: polas numerosas rutas e sendas á beira do mar, dos ríos, dos montes,...
Tanto onde elexir que iso será o único problema!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)