Amosando publicacións coa etiqueta Gastronomía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gastronomía. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de outubro de 2026

Compota de mazá

Agora no outono, despois da época de colleita, é o mellor momento para facer coas mazás compotas, marmeladas, tartas, etc. Unha compota con pouco azucre vai ser a receita máis saudable e está deliciosa soa, con iogur, con queixo fresco, etc.

domingo, 26 de xullo de 2026

Mexillóns con melón

Os mexillóns son para moitas persoas uns dos mariscos máis saborosos da nosa gastronomía. No verán, nos días moi calorosos, este cóctel de melón con mexillóns está boísimo!
Outra receita con mexillóns. Pensar que na primeira metade do século XX nas vilas costeiras de Galicia usábase o mexillón coma abono para as terras, resulta incrible!

domingo, 12 de xullo de 2026

Sardiñas lañadas á prancha

As sardiñas lañadas á prancha é unha das moitas receitas de preparar as sardiñas na gastronomía galega. Receita que sabe a verán e que en compañía duns pementiños son un vicio. A disfrutar!

xoves, 25 de xuño de 2026

Orella á galega

Unha receita moi popular da gastronomía galega é a orella á galega ou orella á feira (tamén é unha tapa moi popular da hostelería). A orella de porco cocida, cortada en anacos e adubada con sal grosa, pementón doce ou picante e aceite de oliva virxe, e xa está. Riquísima!

sábado, 9 de maio de 2026

Sardiñas escabechadas

Son tantas as receitas con sardiñas da nosa gastronomía ( lañadas, afogadas, asadas, recheas, en empanada,...) que resulta difícil escoller unha. É un alimento tan saudable que temos que aproveitar para comer cando están en temporada. En escabache están boísimas, e na neveira aguantan varios días.

luns, 16 de marzo de 2026

Unha de empanada!

Un dos tesouros da gastronomía galega é a empanada en todas as súas variedades. Cando se vén a Galicia hai que probala!

luns, 16 de febreiro de 2026

Larpeiradas de Antroido

Estamos no tempo de Antroido e na gastronomía galega son abundantes as larpeiradas desta época: orellas, freixós, rosquillas, torradas, chulas, flores,... Hai que probalas todas!

mércores, 19 de novembro de 2025

Polo San Martiño

En novembro xa apetecen os pratos de culler. Os potaxes de garavanzos na gastronomía galega son moi variados e numerosos: con peixes, mariscos, carnes,... O potaxe de S. Martiño ("A todo porquiño chégalle o seu S. Martiño) leva os garavanzos acompañados de lacón, orella, morro, pé de porco e chourizo. É moi similar a outros potaxes da gastronomía española. É doado de facer, e debemos lembrar poñer a remollo a véspera os garavanzos e as carnes.
Poñer a cocer e mentras ir preparando o sofrito.
Cando xa está cocida a carne cortala en anacos pequenos, xuntar cos garavanzos e o sofrito. Deixar facer e rectificar os condimentos se fose preciso.
Bo proveito!

domingo, 26 de outubro de 2025

O castiñeiro

En Galicia é moi frecuente ter plantado algún castiñeiro na horta. Coa chegada do outono os castiñeiros, nos soutos ou nas hortas das casas, traen fartura. As súas castañas van estar moi unidas as celebracións populares desta estación: o Samaín, Defuntos, os Magostos. Prepararánse con elas longos colares de zonchos, riquísimas castañas cocidas acompañadas de "mariquitas", castañas asadas,...Ritos e tradicións milenarias que conservamos nesta terra máxica.

mércores, 8 de outubro de 2025

Unha de mexillóns!

O mexillón galego, coñecido por ser posiblemente o mellor do mundo, é o molusco de maior volume de capturas das nosas rías. Único en sabor e tamaño por criarse nunhas rías tan ricas en nutrientes onde se sitúan as bateas do seu cultivo. Na nosa gastronomía atoparemos moitas formas de preparalo: ao vapor, á mariñeira, en escabeche, en empanada, en tortilla, en paté...
Delicioso e nutritivo sempre!

mércores, 24 de setembro de 2025

Outono e cogomelos

Coa chegada do outono comeza a mellor época do ano para a recollida de cogomelos. Nos nosos paseos por montes e fragas atopamos variedade e cantidade deles: boletus, níscalos, macrolepiotas,...
Sempre coa precaución de coller unicamente as que coñecemos e deixar as outras para disfrute da vista.

martes, 24 de xuño de 2025

S. Xoán

Celebrando o S.Xoán como manda a tradición: as flores, as fogueiras, as sardiñas,... Unha das grandes festas do ano!

domingo, 13 de abril de 2025

Torradas

As torradas, esa sobremesa que adoitamos facer con pan reseso, son un doce moi común en Galicia en calquera época do ano. Temos as variantes de torradas de viño, torradas de mel,... Noutras zonas de España son máis ben doces da Coresma. Unha lambonada deliciosa!

luns, 3 de marzo de 2025

Apetece unha orella?

Outro sobremesa deste tempo de Antroido son as orellas. Riquísimas a calquera hora. Apetece unha?

luns, 24 de febreiro de 2025

Tempo de freixós

Chega o Antroido e apetece preparar as larpeiradas propias deste tempo. Que tal uns freixós? Sós ou acompañados están deliciosos. Bo proveito!

mércores, 5 de febreiro de 2025

Mexillóns á mariñeira

Os mexillóns galegos son tan saborosos que simplemente preparados ao vapor xa están exquisitos. Ás veces apetecen nalgunha preparación con prebe, para mollar pan, e daquela unha preparación sinxela, pero moi rica é a dos mexillóns á mariñeira. Os mexillóns galegos son sen dúbida outro dos alimentos que hai que degustar en Galicia.

sábado, 16 de marzo de 2024

Empanada galega

Un dos pratos que reina na gastronomía galega é, sen dúbida , a empanada. Dende as máis tradicionais , gramadas ou non, de xoubas, bacallau con pasas, bonito, berberechos, zamburiñas, ... ata as máis innovadoras de xamón con mazá, lacón con dátiles, etc. O fundamental é unha masa sabrosa e un bo recheo. Estes son os ingredientes da masa que facemos na nosa casa: fariña, aceite de oliva sobrante da preparación do recheo, auga morna, viño branco, ovo e sal. A masa divídese en dúas metades e colocamos unha sobre a bandexa de forno.
Agora botamos o recheo,
neste caso primeiro a cebola pochada cos pementos
e por riba a carne de xamón picada, a mazá e as pasas moscatel.
Tapamos coa outra metade da masa, decoramos, pintamos con ovo e ao forno.
E aquí está o resultado.
Bo proveito!