mércores, 19 de novembro de 2025
Polo San Martiño
En novembro xa apetecen os pratos de culler. Os potaxes de garavanzos na gastronomía galega son moi variados e numerosos: con peixes, mariscos, carnes,...
O potaxe de S. Martiño ("A todo porquiño chégalle o seu S. Martiño) leva os garavanzos acompañados de lacón, orella, morro, pé de porco e chourizo. É moi similar a outros potaxes da gastronomía española.
É doado de facer, e debemos lembrar poñer a remollo a véspera os garavanzos e as carnes.
Poñer a cocer e mentras ir preparando o sofrito.
Cando xa está cocida a carne cortala en anacos pequenos, xuntar cos garavanzos e o sofrito. Deixar facer e rectificar os condimentos se fose preciso.
Bo proveito!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)






Ningún comentario:
Publicar un comentario