Amosando publicacións coa etiqueta Ría de Ferrol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ría de Ferrol. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de xullo de 2025

Miradoiro de A Bailadora

Achegarse ao miradoiro de A Bailadora no noso concello de Ares, a carón da antiga batería militar do mesmo nome, sempre é unha boa idea. A panorámica de ría de Ferrol é magnífica e casi completa; ademais tamén vemos un anaco da ría de Ares e a península de Bezoucos casi na súa totalidade. Hai un proxecto de recuperación desta batería, pero de momento so é un proxecto.

domingo, 27 de outubro de 2024

Faro-Baliza do Castelo de A Palma

Tamén en Mugardos, a poucos metros do castelo de A Palma, atópase este faro-baliza Castelo da Palma, construido no ano 1862 para sinalar o perigoso baixo marino de A Palma. A súa ubicación privilexiada á beira sur da ría de Ferrol, o seu entorno tranquilo, as espectaculares vistas,... fan deste lugar un punto de visita obrigada da Costa de Bezoucos.
Dende a estrada ao castelo de A Palma, hai unha pequena baixada para chegar ata a baliza, xa que está a pouca altura sobre o nivel do mar.

domingo, 29 de setembro de 2024

Románico no Golfo Ártabro

As rías de Ares-Betanzos, Ferrol e A Coruña forman o Golfo Ártabro (Portus Magnus Artabrorum para os romanos). Situado entre a Costa da Morte e as Rías Altas, debe o seu nome á tribo dos ártabros que habitaban estas terras na época prerromana. Nestas rías atopamos burgos medievais moi fermosos, vilas mariñeiras únicas, enclaves industriais sorprendentes, paisaxes espectaculares, etc. Ademais da beleza destes lugares, tamén hai un importante número de templos románicos, torres e castelos cos que poderiamos facer unha ruta do románico no Golfo Ártabro: San Miguel de Breamo, S. Xoán de Vilanova, S. Martiño do Couto, Sta. María de Doroña, S. Xoán de Caaveiro, etc. Ademais dos restos románicos que teñen a maioría das igrexas ou capelas rurais.

martes, 24 de setembro de 2024

Ría de Ferrol

Achegarse ata o Miradoiro de A Bailadora (no monte Montefaro en Ares) vainos permitir contemplar a entrada da ría de Ferrol, cos dous castelos que a gardan, a cidade de Ferrol ao fondo, Mugardos, S.Felipe,... incluso unha parte da ría de Ares. Si despois nos achegamos ata as ruinas da Batería de Fonteseca ,no mesmo monte, a perspectiva do Golfo Ártabro coas súas fermosas rías quedará máis completada.

luns, 11 de marzo de 2024

Miradoiro da Bailadora

Montefaro é o monte máis alto da península de Bezoucos. Cos seus 266m ten unha situación privilexiada para ver todo Bezoucos entre as rías de Ares e Ferrol e conta con varios lugares para disfrutar e magníficas vistas ou solpores espectaculartes. O miradoiro da Bailadora, a carón da antiga batería costeira do mesmo nome, permítenos contemplar a ría de Ferrol dende a súa entrada ata ben ao fondo, a ría de Ares co monte Breamo, e en días de boa visibilidade podemos ver ata as Illas Sisargas no océano. Esta batería costeira do s.XVIII e posteriormente antiaérea, xunto aos castelos, fortes e demais baterías costeiras da entrada da ría, completaban a seguridade deste enclave estratéxico para a Armada Española dende a época de FelipeII.
A batería moi deteriorada e en estado ruinoso, vai ser rehabilitada con fondos Next Generation pola Deputación da Coruña xunto a outras baterías de Ferrolterra. Visita obrigada para comprender as rías galegas!