Amosando publicacións coa etiqueta Rutas e paseos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rutas e paseos b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 1 de novembro de 2026
Adeus outubro!
Metidos no outono, despedimos outubro cun paseo ata a praia de A Barrosa (unha das fermosas praias do noso concello de Ares).
Pódense dicir tantas cousas das bondades dos paseos na natureza, tantas cousas da beleza deste entorno, tantas cousas...
O mellor sempre é disfrutalo en primeira persoa!
A Barrosa é unha das xoias da ría de Ares.
venres, 25 de setembro de 2026
O Camiño do Litoral
Este ano botouse a andar o Camiño do Litoral, un gran itinerario paisaxístico e cultural que vai dende Ribadeo ata A Guarda. Nas 52 etapas percorre unha lonxitude de 1.373km. e pódese facer andando ou en bici. Aproveita as sendas costeiras xa existentes e no caso do noso concello, a etapa 14 dende Mugardos a Ares, coincide coa Senda Costeira de Bezoucos xa existente.
Agora, en outono, é un bo momento para facelo en tramos cortos, aproveitando fins de semana, pontes, etc. Ideal para camiñantes, cicloturistas, afeccionados ao turismo slow,... que elixen libremente como facelo, adaptando o camiño aos seus gustos e ritmo, descubrindo e disfrutando de todo o que ofrece. Anímate a probalo!
luns, 10 de agosto de 2026
Relax
Estes momentos de relax na praia, a primeira hora, cando prácticamente está deserta, é un luxo. Recorrela de punta a punta ao ritmo que nos apeteza é un luxo. A praia de Seselle é un luxo. Aprender a disfrutar destes luxos é o importante!
sábado, 25 de xullo de 2026
Bosques de ribeira
As vagas de calor son cada vez máis frecuentes e intensas. Os bosques son refuxios climáticos porque ofrecen sombra, humidade e temperaturas máis baixas que protexen ás persoas e aos animais.
Se ademais son bosques de ribeira, a carón dun río, son uns magníficos aliados para protexernos da calor extrema.
Galicia, o "país dos mil ríos" ofrécenos moitísimos destes bosques ou fragas, a maioría con sendas e áreas recreativas nas que descansar.
Preto da casa, a poucos minutos en coche, hai moito onde escoller: as fragas do río Eume, do río Xarío, do Lambre, do Baixoi, do Castro, do Belelle, do Grande de Xubia, do Mandeo,...
xoves, 16 de xullo de 2026
Mañanciña na praia de Seselle
A moitos dos nosos hóspedes gústalles baixar á praia pouco despois do amencer para disfrutar facendo deporte ou simplemente dando un paseo nesas primeiras horas nas que a praia está solitaria, case agardando...
Á volta, despois xa se decidirá que facer no resto da xornada. Tanto para escoller!
mércores, 1 de xullo de 2026
Marea baixa
Os paseos pola praia de Seselle con marea baixa nos permiten disfrutar dun inmenso areal dentro da ría de Ares, que chega dende preto do Mourón ata a praia canina en Ares.
Achegarse á orilla e escoitar o bater da onda na area é unha gozada.
Sempre unha boa idea disfrutar deste entorno!
luns, 29 de xuño de 2026
Fragas do Eume
O parque natural das Fragas do Eume é un dos mellores bosques atlánticos de ribeira de todo o continente.
Esta xoia da nosa provincia é ese lugar que a maioría dos nosos visitantes non se queren perder. Os tesouros que ofrece son varios: arquitectónicos, etnográficos, naturais, etc.
Ofrécenos varias rutas ou sendas magníficas para os amantes das camiñatas: senda dos Encomendeiros, camiño da Ventureira, camiño dos Cerqueiros, etc.
Posiblemente a máis transitada sexa a senda dos Encomendeiros. Deixando o coche na alameda camiñamos ata a ponte colgante de Cal Grande onde cruzamos á outra marxe do río para seguir a senda río arriba ata o mosteiro de Caaveiro e volta á alameda se facemos a ruta completa. Para os que non queren facer tantos Km. aconsellamos na seguinte ponte colgante de Fornelos cruzar de novo o río e regresar pola estrada ata a alameda. Así acortamos a camiñata e serán uns 10Km.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























































