domingo, 26 de xullo de 2026

Mexillóns con melón

Os mexillóns son para moitas persoas uns dos mariscos máis saborosos da nosa gastronomía. No verán, nos días moi calorosos, este cóctel de melón con mexillóns está boísimo!
Outra receita con mexillóns. Pensar que na primeira metade do século XX nas vilas costeiras de Galicia usábase o mexillón coma abono para as terras, resulta incrible!

sábado, 25 de xullo de 2026

Bosques de ribeira

As vagas de calor son cada vez máis frecuentes e intensas. Os bosques son refuxios climáticos porque ofrecen sombra, humidade e temperaturas máis baixas que protexen ás persoas e aos animais. Se ademais son bosques de ribeira, a carón dun río, son uns magníficos aliados para protexernos da calor extrema. Galicia, o "país dos mil ríos" ofrécenos moitísimos destes bosques ou fragas, a maioría con sendas e áreas recreativas nas que descansar. Preto da casa, a poucos minutos en coche, hai moito onde escoller: as fragas do río Eume, do río Xarío, do Lambre, do Baixoi, do Castro, do Belelle, do Grande de Xubia, do Mandeo,...

xoves, 16 de xullo de 2026

Mañanciña na praia de Seselle

A moitos dos nosos hóspedes gústalles baixar á praia pouco despois do amencer para disfrutar facendo deporte ou simplemente dando un paseo nesas primeiras horas nas que a praia está solitaria, case agardando...
Á volta, despois xa se decidirá que facer no resto da xornada. Tanto para escoller!

domingo, 12 de xullo de 2026

Sardiñas lañadas á prancha

As sardiñas lañadas á prancha é unha das moitas receitas de preparar as sardiñas na gastronomía galega. Receita que sabe a verán e que en compañía duns pementiños son un vicio. A disfrutar!

venres, 10 de xullo de 2026

Sobre a area

 

                          "Teu corpo xeitoso indo sobre a area.

                            O teu movemento é coma as ondas do mar.

                            Teu doce balance coma o vento che leva.

                             Teu corpo xeitoso quer botarse a voar."

                                   Andrés do Barro- Corpo xeitoso.

Os paraísos das nosas praias! 

                    

luns, 6 de xullo de 2026

Á sombra das pereiras

Estes días estamos con altas temperaturas, pasando parte de Europa unha nova onda de calor. Poder contar con esta sombra das pereiras no xardín é unha marabilla! Os nosos hóspedes disfrútana e sen dúbida unha das cousas máis valoradas dos apartamentos é o xardín.

mércores, 1 de xullo de 2026

Marea baixa

Os paseos pola praia de Seselle con marea baixa nos permiten disfrutar dun inmenso areal dentro da ría de Ares, que chega dende preto do Mourón ata a praia canina en Ares. Achegarse á orilla e escoitar o bater da onda na area é unha gozada. Sempre unha boa idea disfrutar deste entorno!