Amosando publicacións coa etiqueta Praia de Seselle. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Praia de Seselle. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de agosto de 2026

Relax

Estes momentos de relax na praia, a primeira hora, cando prácticamente está deserta, é un luxo. Recorrela de punta a punta ao ritmo que nos apeteza é un luxo. A praia de Seselle é un luxo. Aprender a disfrutar destes luxos é o importante!

xoves, 16 de xullo de 2026

Mañanciña na praia de Seselle

A moitos dos nosos hóspedes gústalles baixar á praia pouco despois do amencer para disfrutar facendo deporte ou simplemente dando un paseo nesas primeiras horas nas que a praia está solitaria, case agardando...
Á volta, despois xa se decidirá que facer no resto da xornada. Tanto para escoller!

mércores, 1 de xullo de 2026

Marea baixa

Os paseos pola praia de Seselle con marea baixa nos permiten disfrutar dun inmenso areal dentro da ría de Ares, que chega dende preto do Mourón ata a praia canina en Ares. Achegarse á orilla e escoitar o bater da onda na area é unha gozada. Sempre unha boa idea disfrutar deste entorno!

domingo, 29 de marzo de 2026

Paseo matinal pola praia

Levantarse cedo, almorzar e baixar dando un paseo á praia de Seselle é unha marabillosa maneira de comezar o día. A máis absoluta calma nos rodea; so o chío dos paxaros ou o son da marea rompe o silencio (ou o ladrido dun can saudándonos)!
Moi recomendable!

sábado, 7 de marzo de 2026

Irrepetibles

O paso do tempo produce cambios en todo o que nos rodea: nas persoas, nas paisaxes,... Nos paseos destes días comprobámolo na praia de Seselle. Por unha banda, os fortes temporais deste inverno destruiron a parte alta da rocha que semellaba unha escultura zoomórfica(a nós parecíanos un canciño). As fotos e os vídeos que lle facíamos a esta "escultura da natureza" non poderemos repetilos.
Outras veces somos os humanos os que alteramos as paisaxes coas nosas construcións.
Irrepetibles. Menos mal que nos quedan estas imaxes!

xoves, 26 de febreiro de 2026

Febreiro na praia de Seselle

Un paseo pola praia de Seselle, solitaria neste serán de febreiro, é un estupendo método de recargar pilas. Camiñar co acompañamento do son do mar, apreciar os cambios que os temporais de inverno produciron na praia, recoller algunha cuncha ou pedriña que me chama a atención, facer un montón de fotos desta beleza que nunca me cansa,... disfrutar do PARAÍSO!

martes, 18 de novembro de 2025

Novembro en Seselle

Non importa que neste mes de novembro teñamos varias alertas por vento e choiva, sempre hai calmas coma esta fermosa mañá para aproveitar e dar un paseo pola praia de Seselle. Os ceos están espectaculares coas nubes e craros e esa fermosa luz de finais de outono; os abrentes e solpores son magníficos e incluso algunha aurora boreal iluminou os ceos galegos nos días pasados. Que máis podemos dicir do noso paraíso?