Amosando publicacións coa etiqueta Costa de Ares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Costa de Ares. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de novembro de 2026

Adeus outubro!

Metidos no outono, despedimos outubro cun paseo ata a praia de A Barrosa (unha das fermosas praias do noso concello de Ares). Pódense dicir tantas cousas das bondades dos paseos na natureza, tantas cousas da beleza deste entorno, tantas cousas... O mellor sempre é disfrutalo en primeira persoa! A Barrosa é unha das xoias da ría de Ares.

venres, 25 de setembro de 2026

O Camiño do Litoral

Este ano botouse a andar o Camiño do Litoral, un gran itinerario paisaxístico e cultural que vai dende Ribadeo ata A Guarda. Nas 52 etapas percorre unha lonxitude de 1.373km. e pódese facer andando ou en bici. Aproveita as sendas costeiras xa existentes e no caso do noso concello, a etapa 14 dende Mugardos a Ares, coincide coa Senda Costeira de Bezoucos xa existente. Agora, en outono, é un bo momento para facelo en tramos cortos, aproveitando fins de semana, pontes, etc. Ideal para camiñantes, cicloturistas, afeccionados ao turismo slow,... que elixen libremente como facelo, adaptando o camiño aos seus gustos e ritmo, descubrindo e disfrutando de todo o que ofrece. Anímate a probalo!

luns, 10 de agosto de 2026

Relax

Estes momentos de relax na praia, a primeira hora, cando prácticamente está deserta, é un luxo. Recorrela de punta a punta ao ritmo que nos apeteza é un luxo. A praia de Seselle é un luxo. Aprender a disfrutar destes luxos é o importante!

xoves, 16 de xullo de 2026

Mañanciña na praia de Seselle

A moitos dos nosos hóspedes gústalles baixar á praia pouco despois do amencer para disfrutar facendo deporte ou simplemente dando un paseo nesas primeiras horas nas que a praia está solitaria, case agardando...
Á volta, despois xa se decidirá que facer no resto da xornada. Tanto para escoller!

venres, 10 de xullo de 2026

Sobre a area

 

                          "Teu corpo xeitoso indo sobre a area.

                            O teu movemento é coma as ondas do mar.

                            Teu doce balance coma o vento che leva.

                             Teu corpo xeitoso quer botarse a voar."

                                   Andrés do Barro- Corpo xeitoso.

Os paraísos das nosas praias! 

                    

xoves, 18 de xuño de 2026

O Segaño (Senda costeira)

A senda costeira de Ares é unha fermosura e facela en tramos máis cortos ou en pequenos paseos tamén é unha opción. Neste caso un pequeno paseo dende Chanteiro ata a batería costeira de Salgueira no Segaño, ofrécenos moi boas vistas das entradas das rías de Ares e Ferrol.

domingo, 7 de xuño de 2026

Senda costeira de Bezoucos

Un pequeno paseo pola senda costeira de Bezoucos, dende Redes ata a praia de Coído é unha boa maneira de facer un pouco de exercicio no medio natural e difrutar do entorno e as vistas cando so dispoñemos dun par de horas.
O sendeiro sobre a praia da Areamorta de Redes discorre por unha frondosa fraga sobre O Portiño, ata chegar á praia de Río Sandeu (metade de Ares, metade de Fene).
Baixando ata a mesma, e recorréndoa de punta a punta, ampliamos a camiñata. Logo seguimos ata a praia de Coído.
Neste fermoso serán de xuño, as praias desertas, lucían espectaculares.