Amosando publicacións coa etiqueta Praia O Raso b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Praia O Raso b>. Amosar todas as publicacións
luns, 10 de agosto de 2026
Relax
Estes momentos de relax na praia, a primeira hora, cando prácticamente está deserta, é un luxo. Recorrela de punta a punta ao ritmo que nos apeteza é un luxo. A praia de Seselle é un luxo. Aprender a disfrutar destes luxos é o importante!
xoves, 16 de xullo de 2026
Mañanciña na praia de Seselle
A moitos dos nosos hóspedes gústalles baixar á praia pouco despois do amencer para disfrutar facendo deporte ou simplemente dando un paseo nesas primeiras horas nas que a praia está solitaria, case agardando...
Á volta, despois xa se decidirá que facer no resto da xornada. Tanto para escoller!
mércores, 1 de xullo de 2026
Marea baixa
Os paseos pola praia de Seselle con marea baixa nos permiten disfrutar dun inmenso areal dentro da ría de Ares, que chega dende preto do Mourón ata a praia canina en Ares.
Achegarse á orilla e escoitar o bater da onda na area é unha gozada.
Sempre unha boa idea disfrutar deste entorno!
sábado, 18 de abril de 2026
domingo, 29 de marzo de 2026
Paseo matinal pola praia
Levantarse cedo, almorzar e baixar dando un paseo á praia de Seselle é unha marabillosa maneira de comezar o día.
A máis absoluta calma nos rodea; so o chío dos paxaros ou o son da marea rompe o silencio (ou o ladrido dun can saudándonos)!
Moi recomendable!
sábado, 7 de marzo de 2026
Irrepetibles
O paso do tempo produce cambios en todo o que nos rodea: nas persoas, nas paisaxes,...
Nos paseos destes días comprobámolo na praia de Seselle. Por unha banda, os fortes temporais deste inverno destruiron a parte alta da rocha que semellaba unha escultura zoomórfica(a nós parecíanos un canciño). As fotos e os vídeos que lle facíamos a esta "escultura da natureza" non poderemos repetilos.
Outras veces somos os humanos os que alteramos as paisaxes coas nosas construcións.
Irrepetibles. Menos mal que nos quedan estas imaxes!
xoves, 26 de febreiro de 2026
Febreiro na praia de Seselle
Un paseo pola praia de Seselle, solitaria neste serán de febreiro, é un estupendo método de recargar pilas.
Camiñar co acompañamento do son do mar, apreciar os cambios que os temporais de inverno produciron na praia, recoller algunha cuncha ou pedriña que me chama a atención, facer un montón de fotos desta beleza que nunca me cansa,... disfrutar do PARAÍSO!
luns, 3 de novembro de 2025
A serea de Ares
A serea de Ares no espigón do porto contempla a fermosa enseada e todo o que nela acontece.
Neste serán poderían ser os numerosos barcos que estaban ás luras, ou a embarcación das Sereas de Ares que voltaba do seu entrenamento, ou os paseantes que divisaba no areal das praias de Seselle-O Raso, ou... vai ti a saber.
Seguro que nunca se aburre nin se sinte soa.
luns, 7 de xullo de 2025
Praia de Seselle-infancia
Dende sempre, a praia de Seselle e a infancia son un binomio fantástico. Xa na primeira metade do pasado século eran moitas as familias que viñan veranear a Seselle pola súa tranquila praia.
A praia sempre será un lugar fabuloso para desenrolar a imaxinación e os 5 sentidos, fortalecer habilidades acuáticas, motoras, etc. e sobre todo diversión e saúde.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















































