Amosando publicacións coa etiqueta Porche e terraza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Porche e terraza. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de maio de 2025

Disfrutar do xardín

Coa primavera en todo o seu esplendor, os momentos no xardín da casa apetecen moito máis. De día ou de noite, hai que aproveitar!

martes, 20 de maio de 2025

Ruta teatralizada das Letras Galegas

Encantada de colaborar na IV Ruta teatralizada das Letras Galegas da Agrupación Instrutiva de Caamouco e a A.VV. de Limodre. Todo un pracer recibilos na nosa casa!
Sobresaliente para a organización, as actuacións e o público.

sábado, 17 de maio de 2025

"O maio"

Este é o noso maio para celebrar a forza rexenerativa da Natureza na primavera.

Recordando o célebre poema de Curros Enríquez neste Día das Letras Galegas: 

Aí vén o maio

de frores cuberto

puxéronse á porta

cantándome os nenos

i os puchos furados

pra min estendendo

pedíronme crocas 

dos meus castiñeiros

    ...

 

Mil primaveras máis para a Lingua. Feliz Día das Letras Galegas!

martes, 7 de xaneiro de 2025

A vella pía

Esta vella pía, onde se lles botaba a auga ás galiñas no galiñeiro da casa, na actualidade ten un uso ben diferente. Coas dúas bromeliáceas e a gasteria flanquea a porta de entrada, poñendo un toque natural coa pedra e as plantas no porche de entrada.

luns, 29 de xullo de 2024

A gaivota

A gaivota pintada sobre os restos dunha das vellas portas da casa é un nexo entre o pasado da casa e o presente: casa de labranza da primeira metade do s.XIX e os apartamentos Praia de Seselle, na actualidade.

mércores, 13 de marzo de 2024

Recordos de infancia

Esta sinxela mesa de madeira de piñeiro ten máis de 40 anos e está moi ligada aos recordos familiares. Foi un dos primeiros mobles que fixo meu pai. Feita coma mesa de cociña e sobre ela, ademais das comidas familiares, houbo tarefas escolares e outras moitas vivencias da familia. Agora, pintada de branco e colocada no porche, está disposta a ser testigo doutros momentos: conversas, ratos de lectura, xogos de mesa,... dos nosos hóspedes.

xoves, 7 de marzo de 2024

Herdanzas

Na casa hai obxectos ou mobles que son parte da historia familiar e que foron pasando de uns a outros. Este velador do recuncho de lectura é o moble máis antigo que hai na casa. Pertenceu á tataravoa Matilde Deus López e coa máquina de coser Singer da súa filla, a bisavoa Matilde López Deus, aproveitando as patas fíxose unha das mesas da terraza traseira. Nesta fotografía aparecen as dúas Matildes, donas deses obxectos que nos falan do pasado familiar.
As seguintes fotos mostran os cambios que foron sufrindo.
Da tía-avoa Chefa López López temos a outra mesa de patas ferro.

martes, 6 de febreiro de 2024

Porche e terraza

O porche, onde está a entrada principal, é moi amplo e móstranos elementos da antiga casa que conservamos na rehabilitación: chantas perimetrais, canteiría da porta de entrada, etc. Na terraza da parte traseira da casa tamén conservamos todos os elementos posibles da arquitectura da vella casa. Resultou unha terraza ampla, cómoda, moi soleada polas mañás e aberta ao xardín.

O número 28, que hai sobre a porta da terraza, é o número primitivo da casa. No documento máis antigo que conservamos dela, o testamento do 3 de febreiro do ano 1891, no que o noso antepasado Andrés Durán Carballo, maior de 80 anos mellora ao seu fillo Antonio Durán Meizoso "con la casa de planta baja y alta número veinte y ocho del lugar de Seselle de esta parroquia,..."

 Arquitecto: Tomás Monteagudo.

 Deseñadora de Interiores: Aldara Pérez Vales.