Amosando publicacións coa etiqueta Detalles. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Detalles. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2026

Abrótegas

As abrótegas (asfódelos en castelán) son esas plantas silvestres, moi abundantes en Galicia, que agora na primavera están esplendorosas e enchen os campos, montes, cunetas,... É unha planta cultivada en xardín noutras latitudes, e xunto a outros porros silvestres vendíase a mediados do século pasado en mercados de S.Sebastián para facer porrusalda ou outras receitas coas súas follas, despois de cocelas, porque crudas son tóxicas. Aquí, hai anos, as súas sementes empregábanas os rapaces coma munición dunha arma que fabricaban cunha póla de biouteiro. Planta moi importante polo tanto para a cativería. E hai moitos séculos, Homero contaba que as ánimas seguían a Hermes ao país dos soños ata chegar aos Campos Asfódelos que xunto cos Campos Elíseos e o Tártaro formaban o Hades.
Eu limiteime a coller unhas poucas abrótegas para facer un ramo.

mércores, 6 de maio de 2026

Celindos en flor

No mes de maio os celindos, en plena floración, enchen co seu aroma os xardíns. En Seselle, e no resto da contorna, ao celindo ou filadelfo chamámolo erroneamente cinamomo. É un arbusto moi doado de cultivar que alegra na primavera hortas e xardíns.

xoves, 5 de marzo de 2026

venres, 27 de febreiro de 2026

A casa chea

Ás veces, cando se aluga a casa completa para algunha celebración familiar ou de amigos dos clientes, é preciso preparar o máximo de camas, todas as dispoñibles ademais dos sofás cama. Ata 14 persoas poden durmir na casa!
A casa parece neses momentos a casa grande duns avós que esperan a toda a familia. Está fermosa!

sábado, 15 de novembro de 2025

O caneco e o garrafón

O caneco e o garrafón son herdados da tenda dos avós e na actualidade son obxectos ornamentais da casa, afastados do seu antigo traballo de conter líquidos: viños, caña, licores, etc. Os canecos ademais cumprían outra importante tarefa, pois cheos de auga quente poñíanse nas noites frías do inverno, entre as sabas da cama, para quentar os pés.

venres, 2 de maio de 2025

A festa dos Maios

A festa dos Maios é unha festa popular que adoita celebrarse o primeiro de maio. Ten orixe ancestral enmarcado no mundo agrario e de exaltación da fertilidade e da vida vexetal. É o agradecemento á forza rexenerativa da natureza; é a festa do trunfo da primavera, que aquí en Galicia se celebra dende hai moito tempo. A xesta, o fiuncho, as flores, etc. cubrirán os maios, formarán ramos que pendurarán das portas, adornarán barcos, coches,... Na nosa bisbarra son famosos os maios de Pontedeume, de Ferrol, de Narón, etc.

martes, 7 de xaneiro de 2025

A vella pía

Esta vella pía, onde se lles botaba a auga ás galiñas no galiñeiro da casa, na actualidade ten un uso ben diferente. Coas dúas bromeliáceas e a gasteria flanquea a porta de entrada, poñendo un toque natural coa pedra e as plantas no porche de entrada.

luns, 30 de decembro de 2024

A monstera deliciosa

A carón da porta de entrada aos apartamentos, temos esta costela de Adán ou monstera deliciosa que ten unha historia particular: é "neta" dunha gran monstera que tiña a avoa Tilduca no seu comedor. Un esqueixe dun esqueixe. Según o Feng shui representa a expansión, a enerxía positiva,...

xoves, 26 de decembro de 2024

Noiteboa

Nas festas de Nadal sempre temos familias que alugan a casa completa para poder estar todos xuntos. Bo NADAL!!

xoves, 15 de agosto de 2024

Recordos das vacacións

Uns simples pauiños recollidos na praia, ou unhas pedriñas, ou un ramillete de flores silvestres, ou unhas fermosas cunchas, ou ... Pequenos recordos desas vacacións que aproveitamos para reconectar coa Natureza.

luns, 29 de xullo de 2024

A gaivota

A gaivota pintada sobre os restos dunha das vellas portas da casa é un nexo entre o pasado da casa e o presente: casa de labranza da primeira metade do s.XIX e os apartamentos Praia de Seselle, na actualidade.