venres, 15 de maio de 2026
Abrótegas
As abrótegas (asfódelos en castelán) son esas plantas silvestres, moi abundantes en Galicia, que agora na primavera están esplendorosas e enchen os campos, montes, cunetas,...
É unha planta cultivada en xardín noutras latitudes, e xunto a outros porros silvestres vendíase a mediados do século pasado en mercados de S.Sebastián para facer porrusalda ou outras receitas coas súas follas, despois de cocelas, porque crudas son tóxicas.
Aquí, hai anos, as súas sementes empregábanas os rapaces coma munición dunha arma que fabricaban cunha póla de biouteiro. Planta moi importante polo tanto para a cativería.
E hai moitos séculos, Homero contaba que as ánimas seguían a Hermes ao país dos soños ata chegar aos Campos Asfódelos que xunto cos Campos Elíseos e o Tártaro formaban o Hades.
Eu limiteime a coller unhas poucas abrótegas para facer un ramo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario