Amosando publicacións coa etiqueta Horta e xardín b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Horta e xardín b>. Amosar todas as publicacións
luns, 6 de xullo de 2026
Á sombra das pereiras
Estes días estamos con altas temperaturas, pasando parte de Europa unha nova onda de calor.
Poder contar con esta sombra das pereiras no xardín é unha marabilla! Os nosos hóspedes disfrútana e sen dúbida unha das cousas máis valoradas dos apartamentos é o xardín.
venres, 15 de maio de 2026
Abrótegas
As abrótegas (asfódelos en castelán) son esas plantas silvestres, moi abundantes en Galicia, que agora na primavera están esplendorosas e enchen os campos, montes, cunetas,...
É unha planta cultivada en xardín noutras latitudes, e xunto a outros porros silvestres vendíase a mediados do século pasado en mercados de S.Sebastián para facer porrusalda ou outras receitas coas súas follas, despois de cocelas, porque crudas son tóxicas.
Aquí, hai anos, as súas sementes empregábanas os rapaces coma munición dunha arma que fabricaban cunha póla de biouteiro. Planta moi importante polo tanto para a cativería.
E hai moitos séculos, Homero contaba que as ánimas seguían a Hermes ao país dos soños ata chegar aos Campos Asfódelos que xunto cos Campos Elíseos e o Tártaro formaban o Hades.
Eu limiteime a coller unhas poucas abrótegas para facer un ramo.
mércores, 6 de maio de 2026
Celindos en flor
No mes de maio os celindos, en plena floración, enchen co seu aroma os xardíns. En Seselle, e no resto da contorna, ao celindo ou filadelfo chamámolo erroneamente cinamomo.
É un arbusto moi doado de cultivar que alegra na primavera hortas e xardíns.
luns, 16 de xuño de 2025
Apetece?
Despois da comida, disfrutar dun rato de relax escoitando os paxaros, notar a lixeira brisa, observar o ceo sen nubes,... soñar.
Apetece pasar tempo no xardín!
mércores, 21 de maio de 2025
Disfrutar do xardín
Coa primavera en todo o seu esplendor, os momentos no xardín da casa apetecen moito máis. De día ou de noite, hai que aproveitar!
martes, 20 de maio de 2025
Ruta teatralizada das Letras Galegas
Encantada de colaborar na IV Ruta teatralizada das Letras Galegas da Agrupación Instrutiva de Caamouco e a A.VV. de Limodre. Todo un pracer recibilos na nosa casa!
Sobresaliente para a organización, as actuacións e o público.
luns, 7 de abril de 2025
Momentos na horta
Nestes primeiros días de abril a natureza vibra co seu rexurdir e os momentos na horta permítennos disfrutar deses brotes nas árbores e plantas, dos traballos e cantos dos paxaros, das caricias do sol, das carreiras das nubes no ceo cambiante, das chuvias lixeiras de primavera, do firmamento na noite,...
Tantos momentos!
martes, 7 de xaneiro de 2025
A vella pía
Esta vella pía, onde se lles botaba a auga ás galiñas no galiñeiro da casa, na actualidade ten un uso ben diferente. Coas dúas bromeliáceas e a gasteria flanquea a porta de entrada, poñendo un toque natural coa pedra e as plantas no porche de entrada.
xoves, 2 de xaneiro de 2025
Frías e solleiras mañás de inverno
Comezamos xaneiro con tempo frío, pero solleiro e seco. A horta en inverno tamén convida a pasar tempo nela.
A tradescantia está espectacular. Soporta o inverno estupendamente.
martes, 13 de agosto de 2024
Días de agosto
Con ondas de calor abafando a península, nada coma o frescor das hortas de Galicia. Bos momentos na horta dos apartamentos!
mércores, 26 de xuño de 2024
A mesa de picnic
Para cantas cousas pode servir unha mesa de picnic nun recuncho do xardín?
Para moitas cousas máis do que o seu nome indica.
Por exemplo, para que os hóspedes afeccionados ao debuxo poidan pasar unhas horas facendo os seus bosquexos.
Disfrutando do xardín!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































