Amosando publicacións coa etiqueta Tradicións b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tradicións b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 25 de xuño de 2026
xoves, 4 de xuño de 2026
Alfombras Florais de Ares
Un ano máis, a celebración das Alfombras Florais de Ares(Festa de Interés Turístico) concentrará os días 6 e 7 deste mes a miles de persoas no noso concello, que participarán na elaboración dos tramos das alfombras ou no disfrute da beleza efémera das mesmas.
sábado, 9 de maio de 2026
Sardiñas escabechadas
Son tantas as receitas con sardiñas da nosa gastronomía ( lañadas, afogadas, asadas, recheas, en empanada,...) que resulta difícil escoller unha.
É un alimento tan saudable que temos que aproveitar para comer cando están en temporada.
En escabache están boísimas, e na neveira aguantan varios días.
luns, 16 de marzo de 2026
Unha de empanada!
Un dos tesouros da gastronomía galega é a empanada en todas as súas variedades. Cando se vén a Galicia hai que probala!
luns, 16 de febreiro de 2026
Larpeiradas de Antroido
Estamos no tempo de Antroido e na gastronomía galega son abundantes as larpeiradas desta época: orellas, freixós, rosquillas, torradas, chulas, flores,...
Hai que probalas todas!
mércores, 24 de decembro de 2025
domingo, 26 de outubro de 2025
O castiñeiro
En Galicia é moi frecuente ter plantado algún castiñeiro na horta.
Coa chegada do outono os castiñeiros, nos soutos ou nas hortas das casas, traen fartura. As súas castañas van estar moi unidas as celebracións populares desta estación: o Samaín, Defuntos, os Magostos.
Prepararánse con elas longos colares de zonchos, riquísimas castañas cocidas acompañadas de "mariquitas", castañas asadas,...Ritos e tradicións milenarias que conservamos nesta terra máxica.
mércores, 8 de outubro de 2025
Unha de mexillóns!
O mexillón galego, coñecido por ser posiblemente o mellor do mundo, é o molusco de maior volume de capturas das nosas rías. Único en sabor e tamaño por criarse nunhas rías tan ricas en nutrientes onde se sitúan as bateas do seu cultivo.
Na nosa gastronomía atoparemos moitas formas de preparalo: ao vapor, á mariñeira, en escabeche, en empanada, en tortilla, en paté...
Delicioso e nutritivo sempre!
martes, 24 de xuño de 2025
S. Xoán
Celebrando o S.Xoán como manda a tradición: as flores, as fogueiras, as sardiñas,...
Unha das grandes festas do ano!
venres, 20 de xuño de 2025
Alfombras florais
Esta noite a vila de Ares estará ateigada de visitantes para ver o traballo das persoas que, ano tras ano, elaboran as fermosas alfombras florais.
Conservando as tradicións!
martes, 20 de maio de 2025
Ruta teatralizada das Letras Galegas
Encantada de colaborar na IV Ruta teatralizada das Letras Galegas da Agrupación Instrutiva de Caamouco e a A.VV. de Limodre. Todo un pracer recibilos na nosa casa!
Sobresaliente para a organización, as actuacións e o público.
sábado, 17 de maio de 2025
"O maio"
Este é o noso maio para celebrar a forza rexenerativa da Natureza na primavera.
Recordando o célebre poema de Curros Enríquez neste Día das Letras Galegas:
Aí vén o maio
de frores cuberto
puxéronse á porta
cantándome os nenos
i os puchos furados
pra min estendendo
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros
...
venres, 2 de maio de 2025
A festa dos Maios
A festa dos Maios é unha festa popular que adoita celebrarse o primeiro de maio.
Ten orixe ancestral enmarcado no mundo agrario e de exaltación da fertilidade e da vida vexetal. É o agradecemento á forza rexenerativa da natureza; é a festa do trunfo da primavera, que aquí en Galicia se celebra dende hai moito tempo.
A xesta, o fiuncho, as flores, etc. cubrirán os maios, formarán ramos que pendurarán das portas, adornarán barcos, coches,...
Na nosa bisbarra son famosos os maios de Pontedeume, de Ferrol, de Narón, etc.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







































