Amosando publicacións coa etiqueta Que visitar? b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Que visitar? b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 12 de agosto de 2026
Recunchos cheos de maxia
Atopar recunchos cheos de maxia é moi doado na nosa terra. So hai que recorrela e no sitio menos pensado...aparecen.
luns, 29 de xuño de 2026
Fragas do Eume
O parque natural das Fragas do Eume é un dos mellores bosques atlánticos de ribeira de todo o continente.
Esta xoia da nosa provincia é ese lugar que a maioría dos nosos visitantes non se queren perder. Os tesouros que ofrece son varios: arquitectónicos, etnográficos, naturais, etc.
Ofrécenos varias rutas ou sendas magníficas para os amantes das camiñatas: senda dos Encomendeiros, camiño da Ventureira, camiño dos Cerqueiros, etc.
Posiblemente a máis transitada sexa a senda dos Encomendeiros. Deixando o coche na alameda camiñamos ata a ponte colgante de Cal Grande onde cruzamos á outra marxe do río para seguir a senda río arriba ata o mosteiro de Caaveiro e volta á alameda se facemos a ruta completa. Para os que non queren facer tantos Km. aconsellamos na seguinte ponte colgante de Fornelos cruzar de novo o río e regresar pola estrada ata a alameda. Así acortamos a camiñata e serán uns 10Km.
xoves, 25 de xuño de 2026
xoves, 11 de xuño de 2026
domingo, 22 de marzo de 2026
A nosa costa
Atopar fermosos tesouros paisaxísticos na nosa terra é moi doado. Ás veces, baixando unhas pequenas escaleiras, atopamos un deles, que parece ofrecernos un paraíso para o noso deleite. A auga cristalina do mar, o fondo mariño empedrado, a airexa acariñando a pel, a melodía da natureza nos nosos oídos,...Tanta beleza por descubrir en calquera recuncho de Galicia!
venres, 21 de novembro de 2025
Estampas de outono
En calquera lugar de Galicia podemos atopar fermosos recunchos para fotografar. Agora no outono, esas fotos poden ser impresionantes. So hai que deixarse levar polas múltiples estradas e pistas que recorren o noso rural e pola beleza destas estampas de outono que nos ofrecen as aldeas.
Paraísos do norte de Galicia!
xoves, 16 de outubro de 2025
Estampas de outono
O outono, cos seus cambios na natureza, vainos deixar fermosas estampas ao noso arredor.
Estas son da ponte da Ciscada na nosa vila.
Busca as túas e disfrútaas!
martes, 14 de outubro de 2025
O porto de Ares
Achegarse pola mañá ata o porto de Ares é unha marabilla. Observar os traballos dos mariñeiros ou dos navegantes que van sair coas súas embarcacións, contemplar a fermosura da vila e da ría, escoitar os sons do entorno...
O paraíso!
domingo, 12 de outubro de 2025
Paseos de outono
O outono transforma os nosos bosques en xoias cromáticas que temos a obriga de disfrutar. Facer pequenas ou grandes rutas, ou simplemente paseos, axudarános a reconectar coa Natureza, e a nosa saúde física e mental vaino agradecer. Con sol ou con chuvia hai que saír a buscar eses agasallos que trae esta fermosa estación.
Paraísos do norte!
domingo, 27 de xullo de 2025
Miradoiro de A Bailadora
Achegarse ao miradoiro de A Bailadora no noso concello de Ares, a carón da antiga batería militar do mesmo nome, sempre é unha boa idea.
A panorámica de ría de Ferrol é magnífica e casi completa; ademais tamén vemos un anaco da ría de Ares e a península de Bezoucos casi na súa totalidade.
Hai un proxecto de recuperación desta batería, pero de momento so é un proxecto.
venres, 20 de xuño de 2025
Alfombras florais
Esta noite a vila de Ares estará ateigada de visitantes para ver o traballo das persoas que, ano tras ano, elaboran as fermosas alfombras florais.
Conservando as tradicións!
sábado, 14 de xuño de 2025
No xornal
No xornal de hoxe falan do noso concello de Ares coma un deses lugares de maior atractivo turístico.
Hai que tratar de manter a súa beleza e autenticidade, protexendo a súa natureza e patrimonio.
xoves, 27 de marzo de 2025
Rematando marzo
Rematando marzo, e despois dunha sucesión de borrascas que nos afectaron lixeiramente, parece que a primavera xa empeza a mandar na natureza coa explosión de vida que vemos ao noso arredor.
Apetece disfrutar das praias e calas que temos na ría, pasear polos areais, relaxarnos coa cadencia do mar, deixarnos acariciar polo sol,...
O paraíso de Ares, na fermosa península de Bezoucos, espéranos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















































