Amosando publicacións coa etiqueta Praia de Chanteiro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Praia de Chanteiro b>. Amosar todas as publicacións
martes, 17 de marzo de 2026
luns, 2 de febreiro de 2026
Entre borrasca e borrasca
Despois dun xaneiro de moitas borrascas e alertas meteorolóxicas por vento, auga e frío, febreiro empeza igual.
Tempo de aproveitar intervalos entre un e outro frente para achegarse ás praias a contemplar a forza do mar, dar pequenos paseos, e sobre todo tempo de sofá e manta: ler unha boa novela, ver algunha peli ou serie, unha bebida quente con algo de picar, contemplar o mundo exterior dende o noso recuncho, ou ...
venres, 31 de outubro de 2025
Despedindo outubro en Chanteiro
O outono cos seus cambios de tempo déixanos imaxes tan contrastadas coma estas na derradeira semana de outubro: fermosos días solleiros con boa temperatura e ceos despexados, para pasar a un tren de borrascas con abundantes choivas e fortes ventos.
Contemplar o mar dende a praia (neste caso a de Chanteiro), é todo un espectáculo que colma os sentidos. Nunca nos cansamos de velo!
Sempre é un gusto!
sábado, 6 de setembro de 2025
Setembro e as lagarteiras
Esas mareas moi vivas de setembro, que chamamos lagarteiras, son un espectáculo ben fermoso do que hai que disfrutar.
Achegámonos ata a praia de Chanteiro para deixarnos encandilar polo mar.
Canta beleza nunha praia bañada polo océano!
sábado, 5 de xullo de 2025
Chanteiro, please!
Outro tesouro do noso concello de Ares é a praia de Chanteiro.
A poucos minutos en coche dos apartamentos, é obrigatorio visitala para disfrutar do espectacular entorno.
xoves, 27 de marzo de 2025
Rematando marzo
Rematando marzo, e despois dunha sucesión de borrascas que nos afectaron lixeiramente, parece que a primavera xa empeza a mandar na natureza coa explosión de vida que vemos ao noso arredor.
Apetece disfrutar das praias e calas que temos na ría, pasear polos areais, relaxarnos coa cadencia do mar, deixarnos acariciar polo sol,...
O paraíso de Ares, na fermosa península de Bezoucos, espéranos!
sábado, 7 de setembro de 2024
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



























