Amosando publicacións coa etiqueta A casa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A casa. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de xullo de 2026

Á sombra das pereiras

Estes días estamos con altas temperaturas, pasando parte de Europa unha nova onda de calor. Poder contar con esta sombra das pereiras no xardín é unha marabilla! Os nosos hóspedes disfrútana e sen dúbida unha das cousas máis valoradas dos apartamentos é o xardín.

xoves, 5 de marzo de 2026

venres, 27 de febreiro de 2026

A casa chea

Ás veces, cando se aluga a casa completa para algunha celebración familiar ou de amigos dos clientes, é preciso preparar o máximo de camas, todas as dispoñibles ademais dos sofás cama. Ata 14 persoas poden durmir na casa!
A casa parece neses momentos a casa grande duns avós que esperan a toda a familia. Está fermosa!

mércores, 24 de decembro de 2025

sábado, 15 de novembro de 2025

O caneco e o garrafón

O caneco e o garrafón son herdados da tenda dos avós e na actualidade son obxectos ornamentais da casa, afastados do seu antigo traballo de conter líquidos: viños, caña, licores, etc. Os canecos ademais cumprían outra importante tarefa, pois cheos de auga quente poñíanse nas noites frías do inverno, entre as sabas da cama, para quentar os pés.

luns, 16 de xuño de 2025

Apetece?

Despois da comida, disfrutar dun rato de relax escoitando os paxaros, notar a lixeira brisa, observar o ceo sen nubes,... soñar. Apetece pasar tempo no xardín!

mércores, 21 de maio de 2025

Disfrutar do xardín

Coa primavera en todo o seu esplendor, os momentos no xardín da casa apetecen moito máis. De día ou de noite, hai que aproveitar!

martes, 20 de maio de 2025

Ruta teatralizada das Letras Galegas

Encantada de colaborar na IV Ruta teatralizada das Letras Galegas da Agrupación Instrutiva de Caamouco e a A.VV. de Limodre. Todo un pracer recibilos na nosa casa!
Sobresaliente para a organización, as actuacións e o público.

martes, 8 de abril de 2025

Desconecta en Semana Santa

Unha escapada rural , fuxindo do balbordo da cidade, das présas, do estrés, é o que precisas nestes días de Semana Santa. Os paseos na natureza, a calma, o descubrimento de lugares cheos de beleza e maxia,... son plans ideais para disfrutar en familia, con nenos, con amigos, en solitario. A nosa pequena e tranquila aldea de Seselle é ideal para vivir esta experiencia rural, e á vez, en poucos minutos de coche poderás estar nunha gran vila ou cidade (Pontedeume, Ferrol, Fene, Narón, A Coruña,...) Se che apetece.

luns, 7 de abril de 2025

Momentos na horta

Nestes primeiros días de abril a natureza vibra co seu rexurdir e os momentos na horta permítennos disfrutar deses brotes nas árbores e plantas, dos traballos e cantos dos paxaros, das caricias do sol, das carreiras das nubes no ceo cambiante, das chuvias lixeiras de primavera, do firmamento na noite,...
Tantos momentos!

martes, 7 de xaneiro de 2025

A vella pía

Esta vella pía, onde se lles botaba a auga ás galiñas no galiñeiro da casa, na actualidade ten un uso ben diferente. Coas dúas bromeliáceas e a gasteria flanquea a porta de entrada, poñendo un toque natural coa pedra e as plantas no porche de entrada.

sábado, 4 de xaneiro de 2025

Feliz 2025!

Coa imaxe da fermosa serea de Ares, mirando ás praias de Seselle e o Raso, desexámoslles un feliz ano 2025!

xoves, 2 de xaneiro de 2025

Frías e solleiras mañás de inverno

Comezamos xaneiro con tempo frío, pero solleiro e seco. A horta en inverno tamén convida a pasar tempo nela. A tradescantia está espectacular. Soporta o inverno estupendamente.