Amosando publicacións coa etiqueta Praias e calas de Ares b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Praias e calas de Ares b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 1 de novembro de 2026
Adeus outubro!
Metidos no outono, despedimos outubro cun paseo ata a praia de A Barrosa (unha das fermosas praias do noso concello de Ares).
Pódense dicir tantas cousas das bondades dos paseos na natureza, tantas cousas da beleza deste entorno, tantas cousas...
O mellor sempre é disfrutalo en primeira persoa!
A Barrosa é unha das xoias da ría de Ares.
luns, 10 de agosto de 2026
Relax
Estes momentos de relax na praia, a primeira hora, cando prácticamente está deserta, é un luxo. Recorrela de punta a punta ao ritmo que nos apeteza é un luxo. A praia de Seselle é un luxo. Aprender a disfrutar destes luxos é o importante!
xoves, 16 de xullo de 2026
Mañanciña na praia de Seselle
A moitos dos nosos hóspedes gústalles baixar á praia pouco despois do amencer para disfrutar facendo deporte ou simplemente dando un paseo nesas primeiras horas nas que a praia está solitaria, case agardando...
Á volta, despois xa se decidirá que facer no resto da xornada. Tanto para escoller!
venres, 10 de xullo de 2026
Sobre a area
"Teu corpo xeitoso indo sobre a area.
O teu movemento é coma as ondas do mar.
Teu doce balance coma o vento che leva.
Teu corpo xeitoso quer botarse a voar."
Andrés do Barro- Corpo xeitoso.
Os paraísos das nosas praias!
mércores, 1 de xullo de 2026
Marea baixa
Os paseos pola praia de Seselle con marea baixa nos permiten disfrutar dun inmenso areal dentro da ría de Ares, que chega dende preto do Mourón ata a praia canina en Ares.
Achegarse á orilla e escoitar o bater da onda na area é unha gozada.
Sempre unha boa idea disfrutar deste entorno!
martes, 16 de xuño de 2026
Rematando a primavera
Neste serán de finais de xuño, despedindo a primavera, aínda podemos atopar a praia do Xuncal solitaria ou o paseo con pouca xente. Dentro duns días será imposible esta imaxe coa cantidade de xente que elixe o noso concello de Ares para disfrutar das súas vacacións.
sábado, 18 de abril de 2026
sábado, 7 de marzo de 2026
Irrepetibles
O paso do tempo produce cambios en todo o que nos rodea: nas persoas, nas paisaxes,...
Nos paseos destes días comprobámolo na praia de Seselle. Por unha banda, os fortes temporais deste inverno destruiron a parte alta da rocha que semellaba unha escultura zoomórfica(a nós parecíanos un canciño). As fotos e os vídeos que lle facíamos a esta "escultura da natureza" non poderemos repetilos.
Outras veces somos os humanos os que alteramos as paisaxes coas nosas construcións.
Irrepetibles. Menos mal que nos quedan estas imaxes!
xoves, 26 de febreiro de 2026
Febreiro na praia de Seselle
Un paseo pola praia de Seselle, solitaria neste serán de febreiro, é un estupendo método de recargar pilas.
Camiñar co acompañamento do son do mar, apreciar os cambios que os temporais de inverno produciron na praia, recoller algunha cuncha ou pedriña que me chama a atención, facer un montón de fotos desta beleza que nunca me cansa,... disfrutar do PARAÍSO!
martes, 18 de novembro de 2025
Novembro en Seselle
Non importa que neste mes de novembro teñamos varias alertas por vento e choiva, sempre hai calmas coma esta fermosa mañá para aproveitar e dar un paseo pola praia de Seselle.
Os ceos están espectaculares coas nubes e craros e esa fermosa luz de finais de outono; os abrentes e solpores son magníficos e incluso algunha aurora boreal iluminou os ceos galegos nos días pasados.
Que máis podemos dicir do noso paraíso?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























































