Amosando publicacións coa etiqueta As Fragas do Eume. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As Fragas do Eume. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de xullo de 2026

Bosques de ribeira

As vagas de calor son cada vez máis frecuentes e intensas. Os bosques son refuxios climáticos porque ofrecen sombra, humidade e temperaturas máis baixas que protexen ás persoas e aos animais. Se ademais son bosques de ribeira, a carón dun río, son uns magníficos aliados para protexernos da calor extrema. Galicia, o "país dos mil ríos" ofrécenos moitísimos destes bosques ou fragas, a maioría con sendas e áreas recreativas nas que descansar. Preto da casa, a poucos minutos en coche, hai moito onde escoller: as fragas do río Eume, do río Xarío, do Lambre, do Baixoi, do Castro, do Belelle, do Grande de Xubia, do Mandeo,...

luns, 29 de xuño de 2026

Fragas do Eume

O parque natural das Fragas do Eume é un dos mellores bosques atlánticos de ribeira de todo o continente. Esta xoia da nosa provincia é ese lugar que a maioría dos nosos visitantes non se queren perder. Os tesouros que ofrece son varios: arquitectónicos, etnográficos, naturais, etc. Ofrécenos varias rutas ou sendas magníficas para os amantes das camiñatas: senda dos Encomendeiros, camiño da Ventureira, camiño dos Cerqueiros, etc.
Posiblemente a máis transitada sexa a senda dos Encomendeiros. Deixando o coche na alameda camiñamos ata a ponte colgante de Cal Grande onde cruzamos á outra marxe do río para seguir a senda río arriba ata o mosteiro de Caaveiro e volta á alameda se facemos a ruta completa. Para os que non queren facer tantos Km. aconsellamos na seguinte ponte colgante de Fornelos cruzar de novo o río e regresar pola estrada ata a alameda. Así acortamos a camiñata e serán uns 10Km.