luns, 11 de marzo de 2024
Miradoiro da Bailadora
Montefaro é o monte máis alto da península de Bezoucos. Cos seus 266m ten unha situación privilexiada para ver todo Bezoucos entre as rías de Ares e Ferrol e conta con varios lugares para disfrutar e magníficas vistas ou solpores espectaculartes.
O miradoiro da Bailadora, a carón da antiga batería costeira do mesmo nome, permítenos contemplar a ría de Ferrol dende a súa entrada ata ben ao fondo, a ría de Ares co monte Breamo, e en días de boa visibilidade podemos ver ata as Illas Sisargas no océano.
Esta batería costeira do s.XVIII e posteriormente antiaérea, xunto aos castelos, fortes e demais baterías costeiras da entrada da ría, completaban a seguridade deste enclave estratéxico para a Armada Española dende a época de FelipeII.
A batería moi deteriorada e en estado ruinoso, vai ser rehabilitada con fondos Next Generation pola Deputación da Coruña xunto a outras baterías de Ferrolterra. Visita obrigada para comprender as rías galegas!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario