martes, 12 de marzo de 2024
Paseo fluvial no humidal de A Xunqueira
En pleno casco urbano de Ares, a poucos minutos da casa, está o paseo fluvial da Xunqueira. Este espazo natural, un dos tesouros do noso concello, é un paseo obrigado tanto pola riqueza botánica, como polas aves que podemos observar: parrulos, galiñas de río, lavancos, etc.
Agora que comeza a época de cría poderemos ver ás parrulas coas súas roladas de parruliños. Paseo moi recomendable se temos crianzas.
(Lamentablemente, despois dos días festivos, poderemos ver tamén moito lixo tirado no paseo ou mesmo na auga.)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario