martes, 12 de marzo de 2024

A Barrosa

O concello de Ares ten praias e calas tan fermosas que resulta imposible dicir cal nos gusta máis. A praia de A Barrosa é unha desas perlas que salpica a costa de Bezoucos e unha das máis escollidas coma exteriores de películas e series. Moi ben orientada, aberta ao Golfo Ártabro, con tempo solleiro ou con días de temporal, sempre é unha delicia achegarse ata ela! A poucos minutos en coche da casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario