sábado, 16 de marzo de 2024

Empanada galega

Un dos pratos que reina na gastronomía galega é, sen dúbida , a empanada. Dende as máis tradicionais , gramadas ou non, de xoubas, bacallau con pasas, bonito, berberechos, zamburiñas, ... ata as máis innovadoras de xamón con mazá, lacón con dátiles, etc. O fundamental é unha masa sabrosa e un bo recheo. Estes son os ingredientes da masa que facemos na nosa casa: fariña, aceite de oliva sobrante da preparación do recheo, auga morna, viño branco, ovo e sal. A masa divídese en dúas metades e colocamos unha sobre a bandexa de forno.
Agora botamos o recheo,
neste caso primeiro a cebola pochada cos pementos
e por riba a carne de xamón picada, a mazá e as pasas moscatel.
Tapamos coa outra metade da masa, decoramos, pintamos con ovo e ao forno.
E aquí está o resultado.
Bo proveito!

Ningún comentario:

Publicar un comentario