luns, 29 de xullo de 2024
A gaivota
A gaivota pintada sobre os restos dunha das vellas portas da casa é un nexo entre o pasado da casa e o presente: casa de labranza da primeira metade do s.XIX e os apartamentos Praia de Seselle, na actualidade.
xoves, 25 de xullo de 2024
Praia de Seselle- Apartamentos Turísticos
Os tres apartamentos dos que dispón a nosa casa: "As Mirandas" apartamento adaptado no baixo da casa e no primeiro piso "O Mourón" e "A Cercada".
Paseo polo Belelle
Nun caloroso día de verán hai moitas cousas que podemos facer, ademais de achegarnos a unha das nosas fermosas praias.
A uns 20 minutos dos apartamentos (en coche), o río Belelle ten varias sendas que podemos percorrer; unha moi cómoda e de gran beleza é a que vai dende Cabalar ata Formariz (ambos lugares no concello de A Capela). Se levamos comida nas mochilas, na área recreativa de Formariz, poderemos pasar unhas horas disfrutando da sombra da carballeira á beira do río e dun entorno natural espectacular en calquera estación do ano.
xoves, 11 de xullo de 2024
Cousas que atopamos na praia
Nos paseos pola praia sempre hai algo que chama a atención para recoller e levar á casa: uns pauiños ou anacos de madeira gastados polo mar, fermosas cunchas ou pedriñas de formas ou cores sorprendentes, restos de embarcacións,...cos que despois crearemos algo. So hai que deixar voar a imaxinación.
Pequenos tesouros que gardan momentos!
venres, 5 de xullo de 2024
Parque etnográfico do río Sesín
O concello de A Capela neste parque etnográfico do río Sesín mostra o patrimonio das tradicións artesanais vencelladas á explotación de recursos ( as castañas, o mel, a casca, o carbón vexetal,...) e a arquitectura popular tradicional que se conserva neste entorno do río Sesín: muiño, pontes, presa, curripa,... Este pequeno parque, coa súa cartelería, explica moi ben este aproveitamento sostible do medio.
A menos de media hora (en coche) da casa, esta visita pode completarse coa casa do Pazo, peza fundamental do Museo etnográfico deste concello e que son unha magnífica mostra da vida rural no pasado e da maxia que conservan as nosas fragas, ríos, camiños,...
luns, 1 de xullo de 2024
Senda costeira, A Barrosa- Castro de Sta. Mariña
Ares é a punta da península de Bezoucos que se adentra no Golfo Ártabro, e por iso ten tanta costa con praias, calas, ribeiras, cantís, etc. Se nos gusta camiñar, unha magnífica senda percorre toda esta costa, e so temos que animarnos a disfrutala.
Esta etapa dende A Barrosa- Castro de Sta. Mariña- A Barrosa, pode ser un exemplo desta magnífica senda costeira.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)