domingo, 29 de setembro de 2024
Románico no Golfo Ártabro
As rías de Ares-Betanzos, Ferrol e A Coruña forman o Golfo Ártabro (Portus Magnus Artabrorum para os romanos). Situado entre a Costa da Morte e as Rías Altas, debe o seu nome á tribo dos ártabros que habitaban estas terras na época prerromana. Nestas rías atopamos burgos medievais moi fermosos, vilas mariñeiras únicas, enclaves industriais sorprendentes, paisaxes espectaculares, etc.
Ademais da beleza destes lugares, tamén hai un importante número de templos románicos, torres e castelos cos que poderiamos facer unha ruta do románico no Golfo Ártabro: San Miguel de Breamo, S. Xoán de Vilanova, S. Martiño do Couto, Sta. María de Doroña, S. Xoán de Caaveiro, etc. Ademais dos restos románicos que teñen a maioría das igrexas ou capelas rurais.
martes, 24 de setembro de 2024
Ría de Ferrol
Achegarse ata o Miradoiro de A Bailadora (no monte Montefaro en Ares) vainos permitir contemplar a entrada da ría de Ferrol, cos dous castelos que a gardan, a cidade de Ferrol ao fondo, Mugardos, S.Felipe,... incluso unha parte da ría de Ares.
Si despois nos achegamos ata as ruinas da Batería de Fonteseca ,no mesmo monte, a perspectiva do Golfo Ártabro coas súas fermosas rías quedará máis completada.
luns, 23 de setembro de 2024
O "lagoon" da praia de Seselle
Coas Lagarteiras ( as mareas vivas equinocciais de setembro), a baixamar deixa ao descuberto o "lagoon" da praia de Seselle. Un episodio da transgresión holocena na ría de Ares.
Unha lagoa litoral de auga doce que xunto co seu entorno foi inundada polo mar hai uns 4000 anos e que foi fosilizada posteriormente. Na turba atopamos restos de troncos, paus, etc. que nos falan do bosque que había arredor desa lagoa.
Tesouros que nos descubren as mareas vivas!
sábado, 7 de setembro de 2024
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)