luns, 14 de outubro de 2024
Lavadoiro do Baixolo
Os lavadoiros en Galicia representan un legado cultural e un vínculo coa nosa historia, co noso pasado, que merece ser recoñecido e conservado.
Antes da chegada das lavadoras estas construcións, preto dun curso de auga, eran centros da vida comunitaria das mulleres e mozas galegas; ademais de lavar, neles compartían experiencias, coñecementos, alegrías, etc.
O lavadoiro de Seselle, a carón do rego Baixolo, foi financiado por Gaspar Vizoso Cartelle. Nacido no 1874 en Seselle, emigrou á Habana con 15 anos, onde fixo unha gran fortuna. Na décda dos 20 visita en varias ocasións a súa terra natal e decide financiar o lavadoiro, inaugurado no 1928, e tamén a Escola de Seselle no ano 1931. Dous exemplos da ampla lista de doazóns dos indianos galegos aos seus veciños.
O Concello de Ares, dende hai uns anos, vai restaurando nas parroquias os lavadoiros. Ademais deste do Baixolo en Seselle engadimos a esta lista o de Fonte Tella e o do Bulleiro en Lubre, ou o da Torre en Cervás.
Debemos consideralos lugares de valor etnolóxico e, polo tanto, a súa conservación e posta en valor é fundamental!
Espallados por toda Galicia, en calquera recuncho, atoparemos lavadoiros diversos: grandes, pequenos, humildes, de boa construción,...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario