venres, 11 de abril de 2025

Senda Costeira de Ares

Gustas do Shinrinyoku e das andainas por zonas naturais? Dende os apartamentos hai varias alternativas para elexir: a Senda Costeira de Ares é magnífica para os afeccionados a estas actividades; pódese ampliar coa Senda Costeira de Bezoucos ou un pouco máis lonxe, as diversas rutas que podemos facer no Parque Natural de As Fragas do Eume. Anímate nestas vacacións!

martes, 8 de abril de 2025

Desconecta en Semana Santa

Unha escapada rural , fuxindo do balbordo da cidade, das présas, do estrés, é o que precisas nestes días de Semana Santa. Os paseos na natureza, a calma, o descubrimento de lugares cheos de beleza e maxia,... son plans ideais para disfrutar en familia, con nenos, con amigos, en solitario. A nosa pequena e tranquila aldea de Seselle é ideal para vivir esta experiencia rural, e á vez, en poucos minutos de coche poderás estar nunha gran vila ou cidade (Pontedeume, Ferrol, Fene, Narón, A Coruña,...) Se che apetece.

luns, 7 de abril de 2025

Momentos na horta

Nestes primeiros días de abril a natureza vibra co seu rexurdir e os momentos na horta permítennos disfrutar deses brotes nas árbores e plantas, dos traballos e cantos dos paxaros, das caricias do sol, das carreiras das nubes no ceo cambiante, das chuvias lixeiras de primavera, do firmamento na noite,...
Tantos momentos!