Antiga
casa rural de labranza, situada en
Seselle na parroquia de
Caamouco en
Ares. No entorno marabilloso da
península de Bezoucos, a poucos minutos de
Redes,
Ares,
Mugardos,
Pontedeume,...
O topónimo
Bezoucos, derivado do Latín "bisaquis-dúas augas", xa fai referencia á magnífica situación desta península, entre a
ría de Ferrol ao norte e a
ría de Ares ao sur, en pleno
Golfo Ártabro.
Bezoucos sorprende pola súa natureza, polo seu mar, pola súa costa con areais e calas marabillosas. Esta terra de auga e lendas, ofrece un enorme abano de posibilidades de descanso e relax, actividades deportivas e lúdicas, culturais, gastronómicas, etc.
Esta casa, a máis antiga do lugar, era coñecida en Seselle como Casa da Durana , pola súa dona Dolores Durán Menaya (A Durana).
Esta rehabilitación adaptou a antiga casa de labranza, en estado ruinoso, para uso de turismo rural. Tentamos ser moi respectuosos cos elementos que definían a casa, conservando o seu volúmen e todo o que fose posible, e adaptala ao novo uso con tres apartamentos turísticos independientes e zonas comúns. As fotos de arriba mostran a casa restaurada uns días antes da súa inauguración despois de meses de moitos traballos e quebradeiros.
As seguintes fotos mostran o seu estado anterior e parte do proceso antes da conclusión da restauración.
Arquitecto: Tomás Monteagudo.
Deseñadora de Interiores: Aldara Pérez Vales.
Ningún comentario:
Publicar un comentario