xoves, 8 de febreiro de 2024
A praia de Seselle
A praia de Seselle, que dá nome á casa de apartamentos, é unha gran praia de area dourada e augas tranquilas . Xunto coas praias de O Raso, As Regueiras e a praia urbana de Ares, forman a fermosa enseada de Ares con forma de gran cuncha e orientación privilexiada na ría de Ares. Con marea baixa, un enorme areal de varios kilómetros para disfrute de camiñantes, corredores, pescadores , etc. En días de vento, é ideal para a práctica de kitesurf e surf. A praia de Seselle é moi tranquila, ideal para familias con nenos ou xente que gusta de camiñar pola praia. Dende os apartamentos podemos ir andando ata ela, nun pequeno paseo de menos de 5 minutos. Esta praia agocha un pequeno tesouro, o bosque fósil ou lagoon de Seselle, que cando hai mareas moi vivas, o mar nos permitirá observar ao desenterralo. Un paraíso ao lado da casa!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario