domingo, 15 de decembro de 2024
Baños de bosque en decembro
Nos arredores da casa, ou un pouco máis lonxe, atoparemos bosques, fragas, montes, camiños rurais,... nos que poderemos darnos baños de Natureza nos días de vacacións de decembro. Trátase de tomar tempo para notar a natureza que nos rodea, respirar profundamente, sentir a airexa ou o vento, percibir as cores e as texturas da vexetación a finais do outono e comezo do inverno,... Baixaremos o estrés e a presión arterial, fortaleceremos o noso sistema inmune,.. pasaremos un precioso tempo lonxe do bullicio, das présas, do tráfico, das aglomeracións,...
Si levamos un termo e uns bocatas, disfrutaremos dunha merenda campestre que nos sentará de marabilla! Anímate!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario