domingo, 3 de marzo de 2024

O Lagoon de Seselle

Na praia de Seselle, cando hai mareas moi vivas ou fortes temporais, poden aparecer os restos dun bosque fósil, que foi un dos primeiros en descubrirse en Galicia.
Está datado no Holoceno, periodo subboreal. Os restos de árbores petrificadas e fósiles de animais son testigos dun tempo no que a liña costeira estaba moito máis baixa cá actual. As datacións falan de miles de anos: entre 4000 e 10000.
O Lagoon de Seselle é unha gran superficie de sedimento turboso con macrorrestos vexetais. Según Santos Fidalgo e Vidal Romaní" o medio sedimentario e paleoecolóxico representado en Seselle correspondería a unha lagoa litoral de auga doce, que se ve inundada polo mar hai miles de anos. Sería fosilizada posteriormente por un cordón de dunas".
Un tesouro natural da praia de Seselle!

Ningún comentario:

Publicar un comentario