luns, 30 de decembro de 2024

A monstera deliciosa

A carón da porta de entrada aos apartamentos, temos esta costela de Adán ou monstera deliciosa que ten unha historia particular: é "neta" dunha gran monstera que tiña a avoa Tilduca no seu comedor. Un esqueixe dun esqueixe. Según o Feng shui representa a expansión, a enerxía positiva,...

xoves, 26 de decembro de 2024

Noiteboa

Nas festas de Nadal sempre temos familias que alugan a casa completa para poder estar todos xuntos. Bo NADAL!!

domingo, 22 de decembro de 2024

Despedindo o outono

Que tal un paseo pola praia do Lago, en Valdoviño, para despedir o outono e dar a benvida ao inverno. Un entorno natural incomparable para disfrutar e lograr un relax que nos dá saúde!

domingo, 15 de decembro de 2024

Baños de bosque en decembro

Nos arredores da casa, ou un pouco máis lonxe, atoparemos bosques, fragas, montes, camiños rurais,... nos que poderemos darnos baños de Natureza nos días de vacacións de decembro. Trátase de tomar tempo para notar a natureza que nos rodea, respirar profundamente, sentir a airexa ou o vento, percibir as cores e as texturas da vexetación a finais do outono e comezo do inverno,... Baixaremos o estrés e a presión arterial, fortaleceremos o noso sistema inmune,.. pasaremos un precioso tempo lonxe do bullicio, das présas, do tráfico, das aglomeracións,...
Si levamos un termo e uns bocatas, disfrutaremos dunha merenda campestre que nos sentará de marabilla! Anímate!!

xoves, 5 de decembro de 2024

Ponte de decembro

Aproveitar estes días da ponte de decembro para disfrutar da marabillosa natureza de Ares é unha boa opción. Toca cambiar a axitada vida cotiá, chea de présas, tráfico, traballos e tarefas,... por calma, tranquilidade, natureza,...