luns, 24 de febreiro de 2025
Tempo de freixós
Chega o Antroido e apetece preparar as larpeiradas propias deste tempo.
Que tal uns freixós? Sós ou acompañados están deliciosos. Bo proveito!
domingo, 23 de febreiro de 2025
O Raso, baixo a luz de febreiro.
Calquera momento é bo para baixar dando un paseo á praia. Con marea baixa, a enseada formada polas praias de O Raso, A Campa, Seselle, As Regueiras, O Xuncal,..ofrécenos un longo areal cheo de posibilidades: camiñar, sentarse a meditar, correr, pescar, recoller cunchas, buscar "tesouriños" entre as pedras e os arrastres da marea, practicar deportes naúticos,...
O Raso cos seus recunchos: a pequena fontiña á que íamos beber de cativos, as caliñas, camiñar polas penas que nos achegan ao Mourón,... Un paraíso!
luns, 17 de febreiro de 2025
Paseo dunha mañá de febreiro
Baixar á praia a dar un paseo a media mañá é un regalo que debemos darnos con toda a frecuencia posible.
A praia de Seselle, a uns minutos da casa, ofrécenos o seu amplo areal para disfrutar dos beneficios destes paseos.
Nas mañás solleiras é un paseo moi frecuentado por paseantes e corredores.
Disfruta da nosa costa dende os nosos apartamentos. Vive a vida e a tranquilidade dunha pequena aldea costeira, pero á vez, situada e moi ben comunicada con grandes vilas e cidades (Ferrol, Pontedeume, Fene, Narón, Betanzos, A Coruña,...)
mércores, 5 de febreiro de 2025
Mexillóns á mariñeira
Os mexillóns galegos son tan saborosos que simplemente preparados ao vapor xa están exquisitos.
Ás veces apetecen nalgunha preparación con prebe, para mollar pan, e daquela unha preparación sinxela, pero moi rica é a dos mexillóns á mariñeira.
Os mexillóns galegos son sen dúbida outro dos alimentos que hai que degustar en Galicia.
Na Fraga Máxica
A Fraga Máxica, no arboreto do paseo fluvial de San Sadurniño, é ese lugar de visita obrigatoria si viaxamos con nenos. Un parque infantil diferente, situado nun fermoso entorno, para o disfrute da infancia.
Un circuito de pasarelas de madeira que unen distintas figuras e construcións, todas elas realizadas con madeira ( troncos de carballo, castiñeiro,...).
A Fraga da Cortiña é un lugar para o disfrute na natureza: correr, saltar, escalar, observar bichos, coñecer árbores e plantas,...
Nunha tarde de xaneiro, tamén pode ser unha boa opción para ir cos nosos pequenos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)