xoves, 9 de xaneiro de 2025

Turismo activo

O turismo rural está estreitamente relacionado co turismo activo. O turismo activo (realizado en espacios naturais) pode ser de actividades de contemplación e observación da natureza coma o ecoturismo ou turismo ecolóxico, ou actividades que impliquen esforzo físico, e ás veces con certo nivel de risco controlado, coma é o caso do turismo de aventura. Actualmente o auxe das actividades deportivas e recreativas ao aire libre e a súa vinculación co turismo é manifesta e vai en aumento.
No noso concello de Ares e na comarca de Ferrolterra-Eume poderás practicar ciclismo, sendeirismo, Kayak, buceo, Windsurf, kitesurf, padelsurf, escalada, vela, montañismo, etc.
Si gustas do turismo de natureza ou do turismo de aventura, os nosos apartamentos serán a túa hospedaxe ideal. (Na casa temos bicicletas e kayak para faciliar estas actividades).

martes, 7 de xaneiro de 2025

A vella pía

Esta vella pía, onde se lles botaba a auga ás galiñas no galiñeiro da casa, na actualidade ten un uso ben diferente. Coas dúas bromeliáceas e a gasteria flanquea a porta de entrada, poñendo un toque natural coa pedra e as plantas no porche de entrada.

sábado, 4 de xaneiro de 2025

Feliz 2025!

Coa imaxe da fermosa serea de Ares, mirando ás praias de Seselle e o Raso, desexámoslles un feliz ano 2025!

xoves, 2 de xaneiro de 2025

Frías e solleiras mañás de inverno

Comezamos xaneiro con tempo frío, pero solleiro e seco. A horta en inverno tamén convida a pasar tempo nela. A tradescantia está espectacular. Soporta o inverno estupendamente.