domingo, 27 de xullo de 2025
Miradoiro de A Bailadora
Achegarse ao miradoiro de A Bailadora no noso concello de Ares, a carón da antiga batería militar do mesmo nome, sempre é unha boa idea.
A panorámica de ría de Ferrol é magnífica e casi completa; ademais tamén vemos un anaco da ría de Ares e a península de Bezoucos casi na súa totalidade.
Hai un proxecto de recuperación desta batería, pero de momento so é un proxecto.
luns, 7 de xullo de 2025
Praia de Seselle-infancia
Dende sempre, a praia de Seselle e a infancia son un binomio fantástico. Xa na primeira metade do pasado século eran moitas as familias que viñan veranear a Seselle pola súa tranquila praia.
A praia sempre será un lugar fabuloso para desenrolar a imaxinación e os 5 sentidos, fortalecer habilidades acuáticas, motoras, etc. e sobre todo diversión e saúde.
sábado, 5 de xullo de 2025
Chanteiro, please!
Outro tesouro do noso concello de Ares é a praia de Chanteiro.
A poucos minutos en coche dos apartamentos, é obrigatorio visitala para disfrutar do espectacular entorno.
martes, 1 de xullo de 2025
A praia nas mañás de verán
Disfrutar dos paseos pola praia nas mañás de verán é algo magnífico. Un gran areal (Praia de Seselle-O Raso) á túa disposición. Vén a descubrilo.
Sobran as palabras!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)