mércores, 21 de maio de 2025
Disfrutar do xardín
Coa primavera en todo o seu esplendor, os momentos no xardín da casa apetecen moito máis. De día ou de noite, hai que aproveitar!
Maio na praia de Seselle-O Raso
Con estes días espléndidos de maio, a praia de Seselle-O Raso convídanos a dar un paseo polo seu areal, tomar o sol, darse un baño, observar a natureza, sentarse na area a meditar,... Moitas opcións a elexir.
A praia está esperando a pouca distancia da casa.
martes, 20 de maio de 2025
Ruta teatralizada das Letras Galegas
Encantada de colaborar na IV Ruta teatralizada das Letras Galegas da Agrupación Instrutiva de Caamouco e a A.VV. de Limodre. Todo un pracer recibilos na nosa casa!
Sobresaliente para a organización, as actuacións e o público.
sábado, 17 de maio de 2025
"O maio"
Este é o noso maio para celebrar a forza rexenerativa da Natureza na primavera.
Recordando o célebre poema de Curros Enríquez neste Día das Letras Galegas:
Aí vén o maio
de frores cuberto
puxéronse á porta
cantándome os nenos
i os puchos furados
pra min estendendo
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros
...
luns, 12 de maio de 2025
Cando marzo maiea, maio marcea.
O refrán di que si disfrutamos dun marzo de bo tempo, logo teremos un maio dun tempo invernal.
O caso, é que este mes de maio empezou regular. Esperamos que pase axiña o tren de borrascas e que maio volva en todo o seu esplendor.
De calquera xeito, os días máis longos sempre ofrecen tréguas que podemos aproveitar para dar un paseo e disfrutar do entorno.
A natureza está esperándonos!
venres, 2 de maio de 2025
A festa dos Maios
A festa dos Maios é unha festa popular que adoita celebrarse o primeiro de maio.
Ten orixe ancestral enmarcado no mundo agrario e de exaltación da fertilidade e da vida vexetal. É o agradecemento á forza rexenerativa da natureza; é a festa do trunfo da primavera, que aquí en Galicia se celebra dende hai moito tempo.
A xesta, o fiuncho, as flores, etc. cubrirán os maios, formarán ramos que pendurarán das portas, adornarán barcos, coches,...
Na nosa bisbarra son famosos os maios de Pontedeume, de Ferrol, de Narón, etc.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)