martes, 24 de xuño de 2025
S. Xoán
Celebrando o S.Xoán como manda a tradición: as flores, as fogueiras, as sardiñas,...
Unha das grandes festas do ano!
venres, 20 de xuño de 2025
Os nosos ríos
Moi preto da casa atoparemos ríos con sendas, rutas, fragas, fervenzas, muíños, áreas recreativas, etc. para descubrir e disfrutar.
Dende os máis próximos( Eume, Belelle, Xubia, Castro,...) ata outros un pouco máis afastados (Lambre, Mera, Sor, Mandeo,...).
Moito onde elexir!
Alfombras florais
Esta noite a vila de Ares estará ateigada de visitantes para ver o traballo das persoas que, ano tras ano, elaboran as fermosas alfombras florais.
Conservando as tradicións!
luns, 16 de xuño de 2025
Apetece?
Despois da comida, disfrutar dun rato de relax escoitando os paxaros, notar a lixeira brisa, observar o ceo sen nubes,... soñar.
Apetece pasar tempo no xardín!
sábado, 14 de xuño de 2025
No xornal
No xornal de hoxe falan do noso concello de Ares coma un deses lugares de maior atractivo turístico.
Hai que tratar de manter a súa beleza e autenticidade, protexendo a súa natureza e patrimonio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)