luns, 11 de marzo de 2024
Miradoiro da Bailadora
Montefaro é o monte máis alto da península de Bezoucos. Cos seus 266m ten unha situación privilexiada para ver todo Bezoucos entre as rías de Ares e Ferrol e conta con varios lugares para disfrutar e magníficas vistas ou solpores espectaculartes.
O miradoiro da Bailadora, a carón da antiga batería costeira do mesmo nome, permítenos contemplar a ría de Ferrol dende a súa entrada ata ben ao fondo, a ría de Ares co monte Breamo, e en días de boa visibilidade podemos ver ata as Illas Sisargas no océano.
Esta batería costeira do s.XVIII e posteriormente antiaérea, xunto aos castelos, fortes e demais baterías costeiras da entrada da ría, completaban a seguridade deste enclave estratéxico para a Armada Española dende a época de FelipeII.
A batería moi deteriorada e en estado ruinoso, vai ser rehabilitada con fondos Next Generation pola Deputación da Coruña xunto a outras baterías de Ferrolterra. Visita obrigada para comprender as rías galegas!
sábado, 9 de marzo de 2024
Xogos na praia
A praia de Seselle é unha das máis recomendadas do entorno para as familias con nenos, por ser moi segura e por estar chea de estímulos para os seus xogos: a area, as rochas, as pozas, os restos da marea, as cunchas,...
Crearán os seus propios xogos facendo camiños, castelos, piscinas, buscando cunchas, animaliños na area ou nas pozas,...; as xornadas na praia están cheas de beneficios para a infancia.
Non hai que limitarse aos días de verán ou de bo tempo; levalos á praia, coa roupa axeitada, sempre é unha magnífica opción!
venres, 8 de marzo de 2024
Tortilla de patacas
Hoxe 9 de marzo é o Día Internacional da tortilla de pataca.
Este é un dos pratos máis coñecidos da gastronomía española, e en Galicia non podía ser menos. Admite pequenas variacións tanto nos ingredientes coma no xeito de facela: con pemento vermello, con chourizo, sin cebola,...pero o fundamental son bos productos e mimala na elaboración.
Axeitada para calquera época do ano, tanto na casa coma nos establecementos de hostelería, unha boa tortilla ten o éxito asegurado!
xoves, 7 de marzo de 2024
Herdanzas
Na casa hai obxectos ou mobles que son parte da historia familiar e que foron pasando de uns a outros.
Este velador do recuncho de lectura é o moble máis antigo que hai na casa. Pertenceu á tataravoa Matilde Deus López e coa máquina de coser Singer da súa filla, a bisavoa Matilde López Deus, aproveitando as patas fíxose unha das mesas da terraza traseira.
Nesta fotografía aparecen as dúas Matildes, donas deses obxectos que nos falan do pasado familiar.
As seguintes fotos mostran os cambios que foron sufrindo.
Da tía-avoa Chefa López López temos a outra mesa de patas ferro.
mércores, 6 de marzo de 2024
Shinrinyoku
O Shinrinyoku ou baño de bosque é unha sinxela e terapéutica práctica nipona que podemos facer para mellorar a saúde tanto física coma mental e que gaña adeptos día a día.
Moi recomendada coma un descanso relaxante da axitada vida urbana, consiste en pasar tempo nun medio natural camiñando, escoitando os ruidos do campo ou do bosque, respirando e observando as cores, as texturas,...deixando que a quietude ambiental entre no noso interior e nos desconecte do axetreo da vida actual.
Poderás practicalo nos arredores da casa, nas rutas do concello de Ares ou nas de toda a península de Bezoucos. Hai moito donde escoller.
Anímate e disfruta unha auténtica experiencia sensorial!
Moi recomendada coma un descanso relaxante da axitada vida urbana, consiste en pasar tempo nun medio natural camiñando, escoitando os ruidos do campo ou do bosque, respirando e observando as cores, as texturas,...deixando que a quietude ambiental entre no noso interior e nos desconecte do axetreo da vida actual.
Poderás practicalo nos arredores da casa, nas rutas do concello de Ares ou nas de toda a península de Bezoucos. Hai moito donde escoller.
Anímate e disfruta unha auténtica experiencia sensorial!
domingo, 3 de marzo de 2024
O Lagoon de Seselle
Na praia de Seselle, cando hai mareas moi vivas ou fortes temporais, poden aparecer os restos dun bosque fósil, que foi un dos primeiros en descubrirse en Galicia.
Está datado no Holoceno, periodo subboreal. Os restos de árbores petrificadas e fósiles de animais son testigos dun tempo no que a liña costeira estaba moito máis baixa cá actual.
As datacións falan de miles de anos: entre 4000 e 10000.
O Lagoon de Seselle é unha gran superficie de sedimento turboso con macrorrestos vexetais. Según Santos Fidalgo e Vidal Romaní" o medio sedimentario e paleoecolóxico representado en Seselle correspondería a unha lagoa litoral de auga doce, que se ve inundada polo mar hai miles de anos. Sería fosilizada posteriormente por un cordón de dunas".
Un tesouro natural da praia de Seselle!
sábado, 2 de marzo de 2024
Cargadoiros de madeira
Despois dun proceso moi laborioso ( limpeza, desinfección contra a couza, lixado, protección anticouza,...) aproveitáronse todos os cargadoiros orixinais da casa. Neles permanecen as marcas que deixou a couza e o tempo, pero iso forma parte da historia da casa e quixen conservalos, no canto de sustituilos por uns novos como me propuxeron. Gústame miralos, sentilos ao tacto,...!
Nas seguintes imaxes parte do proceso de recuperación:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













































