luns, 29 de xullo de 2024

A gaivota

A gaivota pintada sobre os restos dunha das vellas portas da casa é un nexo entre o pasado da casa e o presente: casa de labranza da primeira metade do s.XIX e os apartamentos Praia de Seselle, na actualidade.

xoves, 25 de xullo de 2024

Praia de Seselle- Apartamentos Turísticos

Os tres apartamentos dos que dispón a nosa casa: "As Mirandas" apartamento adaptado no baixo da casa e no primeiro piso "O Mourón" e "A Cercada".

Apartamento "As Mirandas"

Apartamento adaptado con capacidade para 4 persoas( cama dobre e 2 prazas en sofá cama).

Paseo polo Belelle

Nun caloroso día de verán hai moitas cousas que podemos facer, ademais de achegarnos a unha das nosas fermosas praias. A uns 20 minutos dos apartamentos (en coche), o río Belelle ten varias sendas que podemos percorrer; unha moi cómoda e de gran beleza é a que vai dende Cabalar ata Formariz (ambos lugares no concello de A Capela). Se levamos comida nas mochilas, na área recreativa de Formariz, poderemos pasar unhas horas disfrutando da sombra da carballeira á beira do río e dun entorno natural espectacular en calquera estación do ano.

xoves, 11 de xullo de 2024

Cousas que atopamos na praia

Nos paseos pola praia sempre hai algo que chama a atención para recoller e levar á casa: uns pauiños ou anacos de madeira gastados polo mar, fermosas cunchas ou pedriñas de formas ou cores sorprendentes, restos de embarcacións,...cos que despois crearemos algo. So hai que deixar voar a imaxinación. Pequenos tesouros que gardan momentos!

venres, 5 de xullo de 2024

Parque etnográfico do río Sesín

O concello de A Capela neste parque etnográfico do río Sesín mostra o patrimonio das tradicións artesanais vencelladas á explotación de recursos ( as castañas, o mel, a casca, o carbón vexetal,...) e a arquitectura popular tradicional que se conserva neste entorno do río Sesín: muiño, pontes, presa, curripa,... Este pequeno parque, coa súa cartelería, explica moi ben este aproveitamento sostible do medio.
A menos de media hora (en coche) da casa, esta visita pode completarse coa casa do Pazo, peza fundamental do Museo etnográfico deste concello e que son unha magnífica mostra da vida rural no pasado e da maxia que conservan as nosas fragas, ríos, camiños,...

luns, 1 de xullo de 2024

Senda costeira, A Barrosa- Castro de Sta. Mariña

Ares é a punta da península de Bezoucos que se adentra no Golfo Ártabro, e por iso ten tanta costa con praias, calas, ribeiras, cantís, etc. Se nos gusta camiñar, unha magnífica senda percorre toda esta costa, e so temos que animarnos a disfrutala.
Esta etapa dende A Barrosa- Castro de Sta. Mariña- A Barrosa, pode ser un exemplo desta magnífica senda costeira.

mércores, 26 de xuño de 2024

A mesa de picnic

Para cantas cousas pode servir unha mesa de picnic nun recuncho do xardín? Para moitas cousas máis do que o seu nome indica. Por exemplo, para que os hóspedes afeccionados ao debuxo poidan pasar unhas horas facendo os seus bosquexos.
Disfrutando do xardín!

xoves, 20 de xuño de 2024

A horta dos apartamentos

Coa chegada do verán os momentos que podemos pasar na horta aumentan: preparar unha barbacoa, comer baixo a sombra das árbores, cear ou almorzar ao aire libre, bos ratos de lectura, tomar o sol, xogar unhas partidas aos nosos xogos favoritos, disfrutar dun refresco,... ou simplemente escoitar os paxaros, mirar como pasan as nubes, meditar, descansar...

luns, 27 de maio de 2024

A un paso da praia de Seselle

Os nosos apartamentos están a un paso da praia de Seselle. Un pequeno paseo de menos de 5 minutos andando e xa estás na praia!

domingo, 17 de marzo de 2024

Praia O Raso

A praia de O Raso está na actualidade apenas separada por unhas pequenas rochas da praia de Seselle coa que forma un enorme areal perfecto para longos paseos. É unha praia tranquila de area dourada e con pequenas calas hacia o lado da illa do Mourón que con marea baixa podemos disfrutar.
Dar unha camiñata pola mañá cedo ou á tardiña, dende a casa de apartamentos ata a praia Seselle-O Raso é un xeito magnífico de comezar ou rematar o día.