xoves, 2 de xaneiro de 2025
Frías e solleiras mañás de inverno
Comezamos xaneiro con tempo frío, pero solleiro e seco. A horta en inverno tamén convida a pasar tempo nela.
A tradescantia está espectacular. Soporta o inverno estupendamente.
luns, 30 de decembro de 2024
A monstera deliciosa
A carón da porta de entrada aos apartamentos, temos esta costela de Adán ou monstera deliciosa que ten unha historia particular: é "neta" dunha gran monstera que tiña a avoa Tilduca no seu comedor. Un esqueixe dun esqueixe.
Según o Feng shui representa a expansión, a enerxía positiva,...
venres, 27 de decembro de 2024
xoves, 26 de decembro de 2024
Noiteboa
Nas festas de Nadal sempre temos familias que alugan a casa completa para poder estar todos xuntos.
Bo NADAL!!
luns, 23 de decembro de 2024
domingo, 22 de decembro de 2024
Despedindo o outono
Que tal un paseo pola praia do Lago, en Valdoviño, para despedir o outono e dar a benvida ao inverno.
Un entorno natural incomparable para disfrutar e lograr un relax que nos dá saúde!
domingo, 15 de decembro de 2024
Baños de bosque en decembro
Nos arredores da casa, ou un pouco máis lonxe, atoparemos bosques, fragas, montes, camiños rurais,... nos que poderemos darnos baños de Natureza nos días de vacacións de decembro. Trátase de tomar tempo para notar a natureza que nos rodea, respirar profundamente, sentir a airexa ou o vento, percibir as cores e as texturas da vexetación a finais do outono e comezo do inverno,... Baixaremos o estrés e a presión arterial, fortaleceremos o noso sistema inmune,.. pasaremos un precioso tempo lonxe do bullicio, das présas, do tráfico, das aglomeracións,...
Si levamos un termo e uns bocatas, disfrutaremos dunha merenda campestre que nos sentará de marabilla! Anímate!!
xoves, 5 de decembro de 2024
Ponte de decembro
Aproveitar estes días da ponte de decembro para disfrutar da marabillosa natureza de Ares é unha boa opción. Toca cambiar a axitada vida cotiá, chea de présas, tráfico, traballos e tarefas,... por calma, tranquilidade, natureza,...
sábado, 16 de novembro de 2024
A montaña moi preto da casa.
Aínda que na península de Bezoucos non temos montaña, so uns montes de altura media, en pouco máis de media hora de coche, podemos estar nos montes das serras de A Faladoira, A Gañidoira, A Capelada, O Xistral,...para disfrutar dunhas horas da montaña en todo o seu esplendor. Agora, co outono cubrindo a paisaxe coas súas cores, está espectacular. Moito onde escoller!
venres, 15 de novembro de 2024
A melodía da auga
Sabemos que os sons do bosque, da auga, dos paxaros,...son un remedio natural para descansar a mente, quitar o estrés, a ansiedade.
Para recuperar a calma, aquí témolo fácil. Un paraíso natural é o noso entorno: mar, montes, vales, bosques,...Busca e disfruta! Novembro é un mes estupendo para estes paseos.
(As fotos e vídeos son de recunchos de Monfero. Regos e afluentes que levan as súas augas ao Eume.)
xoves, 14 de novembro de 2024
Veranciño de S. Martiño
No verán de S. Martiño, eses días de bo tempo que adoitan darse arredor do 11 de novembro, podemos aproveitar para disfrutar de paseos na natureza: polas numerosas rutas e sendas á beira do mar, dos ríos, dos montes,...
Tanto onde elexir que iso será o único problema!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































