Praia de Seselle- Apartamentos turísticos
domingo, 1 de novembro de 2026
Adeus outubro!
Metidos no outono, despedimos outubro cun paseo ata a praia de A Barrosa (unha das fermosas praias do noso concello de Ares).
Pódense dicir tantas cousas das bondades dos paseos na natureza, tantas cousas da beleza deste entorno, tantas cousas...
O mellor sempre é disfrutalo en primeira persoa!
A Barrosa é unha das xoias da ría de Ares.
luns, 19 de outubro de 2026
Compota de mazá
Agora no outono, despois da época de colleita, é o mellor momento para facer coas mazás compotas, marmeladas, tartas, etc.
Unha compota con pouco azucre vai ser a receita máis saudable e está deliciosa soa, con iogur, con queixo fresco, etc.
venres, 25 de setembro de 2026
O Camiño do Litoral
Este ano botouse a andar o Camiño do Litoral, un gran itinerario paisaxístico e cultural que vai dende Ribadeo ata A Guarda. Nas 52 etapas percorre unha lonxitude de 1.373km. e pódese facer andando ou en bici. Aproveita as sendas costeiras xa existentes e no caso do noso concello, a etapa 14 dende Mugardos a Ares, coincide coa Senda Costeira de Bezoucos xa existente.
Agora, en outono, é un bo momento para facelo en tramos cortos, aproveitando fins de semana, pontes, etc. Ideal para camiñantes, cicloturistas, afeccionados ao turismo slow,... que elixen libremente como facelo, adaptando o camiño aos seus gustos e ritmo, descubrindo e disfrutando de todo o que ofrece. Anímate a probalo!
mércores, 12 de agosto de 2026
Recunchos cheos de maxia
Atopar recunchos cheos de maxia é moi doado na nosa terra. So hai que recorrela e no sitio menos pensado...aparecen.
luns, 10 de agosto de 2026
Relax
Estes momentos de relax na praia, a primeira hora, cando prácticamente está deserta, é un luxo. Recorrela de punta a punta ao ritmo que nos apeteza é un luxo. A praia de Seselle é un luxo. Aprender a disfrutar destes luxos é o importante!
domingo, 26 de xullo de 2026
Mexillóns con melón
Os mexillóns son para moitas persoas uns dos mariscos máis saborosos da nosa gastronomía.
No verán, nos días moi calorosos, este cóctel de melón con mexillóns está boísimo!
Outra receita con mexillóns.
Pensar que na primeira metade do século XX nas vilas costeiras de Galicia usábase o mexillón coma abono para as terras, resulta incrible!
sábado, 25 de xullo de 2026
Bosques de ribeira
As vagas de calor son cada vez máis frecuentes e intensas. Os bosques son refuxios climáticos porque ofrecen sombra, humidade e temperaturas máis baixas que protexen ás persoas e aos animais.
Se ademais son bosques de ribeira, a carón dun río, son uns magníficos aliados para protexernos da calor extrema.
Galicia, o "país dos mil ríos" ofrécenos moitísimos destes bosques ou fragas, a maioría con sendas e áreas recreativas nas que descansar.
Preto da casa, a poucos minutos en coche, hai moito onde escoller: as fragas do río Eume, do río Xarío, do Lambre, do Baixoi, do Castro, do Belelle, do Grande de Xubia, do Mandeo,...
xoves, 16 de xullo de 2026
Mañanciña na praia de Seselle
A moitos dos nosos hóspedes gústalles baixar á praia pouco despois do amencer para disfrutar facendo deporte ou simplemente dando un paseo nesas primeiras horas nas que a praia está solitaria, case agardando...
Á volta, despois xa se decidirá que facer no resto da xornada. Tanto para escoller!
domingo, 12 de xullo de 2026
Sardiñas lañadas á prancha
As sardiñas lañadas á prancha é unha das moitas receitas de preparar as sardiñas na gastronomía galega. Receita que sabe a verán e que en compañía duns pementiños son un vicio. A disfrutar!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































