mércores, 5 de febreiro de 2025
Na Fraga Máxica
A Fraga Máxica, no arboreto do paseo fluvial de San Sadurniño, é ese lugar de visita obrigatoria si viaxamos con nenos. Un parque infantil diferente, situado nun fermoso entorno, para o disfrute da infancia.
Un circuito de pasarelas de madeira que unen distintas figuras e construcións, todas elas realizadas con madeira ( troncos de carballo, castiñeiro,...).
A Fraga da Cortiña é un lugar para o disfrute na natureza: correr, saltar, escalar, observar bichos, coñecer árbores e plantas,...
Nunha tarde de xaneiro, tamén pode ser unha boa opción para ir cos nosos pequenos.
xoves, 9 de xaneiro de 2025
Turismo activo
O turismo rural está estreitamente relacionado co turismo activo.
O turismo activo (realizado en espacios naturais) pode ser de actividades de contemplación e observación da natureza coma o ecoturismo ou turismo ecolóxico, ou actividades que impliquen esforzo físico, e ás veces con certo nivel de risco controlado, coma é o caso do turismo de aventura.
Actualmente o auxe das actividades deportivas e recreativas ao aire libre e a súa vinculación co turismo é manifesta e vai en aumento.
No noso concello de Ares e na comarca de Ferrolterra-Eume poderás practicar ciclismo, sendeirismo, Kayak, buceo, Windsurf, kitesurf, padelsurf, escalada, vela, montañismo, etc.
Si gustas do turismo de natureza ou do turismo de aventura, os nosos apartamentos serán a túa hospedaxe ideal. (Na casa temos bicicletas e kayak para faciliar estas actividades).
martes, 7 de xaneiro de 2025
A vella pía
Esta vella pía, onde se lles botaba a auga ás galiñas no galiñeiro da casa, na actualidade ten un uso ben diferente. Coas dúas bromeliáceas e a gasteria flanquea a porta de entrada, poñendo un toque natural coa pedra e as plantas no porche de entrada.
sábado, 4 de xaneiro de 2025
Feliz 2025!
Coa imaxe da fermosa serea de Ares, mirando ás praias de Seselle e o Raso, desexámoslles un feliz ano 2025!
xoves, 2 de xaneiro de 2025
Frías e solleiras mañás de inverno
Comezamos xaneiro con tempo frío, pero solleiro e seco. A horta en inverno tamén convida a pasar tempo nela.
A tradescantia está espectacular. Soporta o inverno estupendamente.
luns, 30 de decembro de 2024
A monstera deliciosa
A carón da porta de entrada aos apartamentos, temos esta costela de Adán ou monstera deliciosa que ten unha historia particular: é "neta" dunha gran monstera que tiña a avoa Tilduca no seu comedor. Un esqueixe dun esqueixe.
Según o Feng shui representa a expansión, a enerxía positiva,...
venres, 27 de decembro de 2024
xoves, 26 de decembro de 2024
Noiteboa
Nas festas de Nadal sempre temos familias que alugan a casa completa para poder estar todos xuntos.
Bo NADAL!!
luns, 23 de decembro de 2024
domingo, 22 de decembro de 2024
Despedindo o outono
Que tal un paseo pola praia do Lago, en Valdoviño, para despedir o outono e dar a benvida ao inverno.
Un entorno natural incomparable para disfrutar e lograr un relax que nos dá saúde!
domingo, 15 de decembro de 2024
Baños de bosque en decembro
Nos arredores da casa, ou un pouco máis lonxe, atoparemos bosques, fragas, montes, camiños rurais,... nos que poderemos darnos baños de Natureza nos días de vacacións de decembro. Trátase de tomar tempo para notar a natureza que nos rodea, respirar profundamente, sentir a airexa ou o vento, percibir as cores e as texturas da vexetación a finais do outono e comezo do inverno,... Baixaremos o estrés e a presión arterial, fortaleceremos o noso sistema inmune,.. pasaremos un precioso tempo lonxe do bullicio, das présas, do tráfico, das aglomeracións,...
Si levamos un termo e uns bocatas, disfrutaremos dunha merenda campestre que nos sentará de marabilla! Anímate!!
xoves, 5 de decembro de 2024
Ponte de decembro
Aproveitar estes días da ponte de decembro para disfrutar da marabillosa natureza de Ares é unha boa opción. Toca cambiar a axitada vida cotiá, chea de présas, tráfico, traballos e tarefas,... por calma, tranquilidade, natureza,...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























































