luns, 24 de febreiro de 2025

Tempo de freixós

Chega o Antroido e apetece preparar as larpeiradas propias deste tempo. Que tal uns freixós? Sós ou acompañados están deliciosos. Bo proveito!

domingo, 23 de febreiro de 2025

O Raso, baixo a luz de febreiro.

Calquera momento é bo para baixar dando un paseo á praia. Con marea baixa, a enseada formada polas praias de O Raso, A Campa, Seselle, As Regueiras, O Xuncal,..ofrécenos un longo areal cheo de posibilidades: camiñar, sentarse a meditar, correr, pescar, recoller cunchas, buscar "tesouriños" entre as pedras e os arrastres da marea, practicar deportes naúticos,... O Raso cos seus recunchos: a pequena fontiña á que íamos beber de cativos, as caliñas, camiñar polas penas que nos achegan ao Mourón,... Un paraíso!

luns, 17 de febreiro de 2025

Paseo dunha mañá de febreiro

Baixar á praia a dar un paseo a media mañá é un regalo que debemos darnos con toda a frecuencia posible. A praia de Seselle, a uns minutos da casa, ofrécenos o seu amplo areal para disfrutar dos beneficios destes paseos.
Nas mañás solleiras é un paseo moi frecuentado por paseantes e corredores.
Disfruta da nosa costa dende os nosos apartamentos. Vive a vida e a tranquilidade dunha pequena aldea costeira, pero á vez, situada e moi ben comunicada con grandes vilas e cidades (Ferrol, Pontedeume, Fene, Narón, Betanzos, A Coruña,...)

mércores, 5 de febreiro de 2025

Mexillóns á mariñeira

Os mexillóns galegos son tan saborosos que simplemente preparados ao vapor xa están exquisitos. Ás veces apetecen nalgunha preparación con prebe, para mollar pan, e daquela unha preparación sinxela, pero moi rica é a dos mexillóns á mariñeira. Os mexillóns galegos son sen dúbida outro dos alimentos que hai que degustar en Galicia.

Na Fraga Máxica

A Fraga Máxica, no arboreto do paseo fluvial de San Sadurniño, é ese lugar de visita obrigatoria si viaxamos con nenos. Un parque infantil diferente, situado nun fermoso entorno, para o disfrute da infancia.
Un circuito de pasarelas de madeira que unen distintas figuras e construcións, todas elas realizadas con madeira ( troncos de carballo, castiñeiro,...).
A Fraga da Cortiña é un lugar para o disfrute na natureza: correr, saltar, escalar, observar bichos, coñecer árbores e plantas,...
Nunha tarde de xaneiro, tamén pode ser unha boa opción para ir cos nosos pequenos.

xoves, 9 de xaneiro de 2025

Turismo activo

O turismo rural está estreitamente relacionado co turismo activo. O turismo activo (realizado en espacios naturais) pode ser de actividades de contemplación e observación da natureza coma o ecoturismo ou turismo ecolóxico, ou actividades que impliquen esforzo físico, e ás veces con certo nivel de risco controlado, coma é o caso do turismo de aventura. Actualmente o auxe das actividades deportivas e recreativas ao aire libre e a súa vinculación co turismo é manifesta e vai en aumento.
No noso concello de Ares e na comarca de Ferrolterra-Eume poderás practicar ciclismo, sendeirismo, Kayak, buceo, Windsurf, kitesurf, padelsurf, escalada, vela, montañismo, etc.
Si gustas do turismo de natureza ou do turismo de aventura, os nosos apartamentos serán a túa hospedaxe ideal. (Na casa temos bicicletas e kayak para faciliar estas actividades).

martes, 7 de xaneiro de 2025

A vella pía

Esta vella pía, onde se lles botaba a auga ás galiñas no galiñeiro da casa, na actualidade ten un uso ben diferente. Coas dúas bromeliáceas e a gasteria flanquea a porta de entrada, poñendo un toque natural coa pedra e as plantas no porche de entrada.

sábado, 4 de xaneiro de 2025

Feliz 2025!

Coa imaxe da fermosa serea de Ares, mirando ás praias de Seselle e o Raso, desexámoslles un feliz ano 2025!

xoves, 2 de xaneiro de 2025

Frías e solleiras mañás de inverno

Comezamos xaneiro con tempo frío, pero solleiro e seco. A horta en inverno tamén convida a pasar tempo nela. A tradescantia está espectacular. Soporta o inverno estupendamente.

luns, 30 de decembro de 2024

A monstera deliciosa

A carón da porta de entrada aos apartamentos, temos esta costela de Adán ou monstera deliciosa que ten unha historia particular: é "neta" dunha gran monstera que tiña a avoa Tilduca no seu comedor. Un esqueixe dun esqueixe. Según o Feng shui representa a expansión, a enerxía positiva,...