domingo, 22 de marzo de 2026

A nosa costa

Atopar fermosos tesouros paisaxísticos na nosa terra é moi doado. Ás veces, baixando unhas pequenas escaleiras, atopamos un deles, que parece ofrecernos un paraíso para o noso deleite. A auga cristalina do mar, o fondo mariño empedrado, a airexa acariñando a pel, a melodía da natureza nos nosos oídos,...Tanta beleza por descubrir en calquera recuncho de Galicia!

sábado, 21 de marzo de 2026

Primavera

Onte comezou a primavera. O equinoccio de primavera marca o renacer da natureza, o medrar dos días, a forza da vida impulsando a terra,...Unha preciosa estación para disfrutar da natureza que nos rodea. Benvida!

luns, 16 de marzo de 2026

Unha de empanada!

Un dos tesouros da gastronomía galega é a empanada en todas as súas variedades. Cando se vén a Galicia hai que probala!

sábado, 7 de marzo de 2026

Irrepetibles

O paso do tempo produce cambios en todo o que nos rodea: nas persoas, nas paisaxes,... Nos paseos destes días comprobámolo na praia de Seselle. Por unha banda, os fortes temporais deste inverno destruiron a parte alta da rocha que semellaba unha escultura zoomórfica(a nós parecíanos un canciño). As fotos e os vídeos que lle facíamos a esta "escultura da natureza" non poderemos repetilos.
Outras veces somos os humanos os que alteramos as paisaxes coas nosas construcións.
Irrepetibles. Menos mal que nos quedan estas imaxes!

xoves, 5 de marzo de 2026

Desexando que chegue a primavera! Poder pasar máis tempo no xardín.

Camiñatas

Nas Fragas do Eume son moitas e variadas as rutas que podemos facer. Esta do Camiño dos Cerqueiros, no corazón das Fragas, é de dificultade baixa e de gran beleza. Case ao remate, o Miradoiro de Carbueira permitiranos asomarnos ao embalse do río Eume. Un paraíso para camiñantes e amantes da natureza!