sábado, 18 de abril de 2026
mércores, 15 de abril de 2026
martes, 14 de abril de 2026
Os hórreos
Os hórreos do norte de España acaban de ser declarados Patrimonio Cultural Inmaterial. Estas construcións da arquitectura popular, deseñadas para gardar as colleitas e outros alimentos a salvo dos animais, son un vínculo vivo entre o pasado e o presente. En Galicia hai máis de 100.000, en distinto estado de conservación.
Auténticas xoias do noso patrimonio que debemos coidar.
sábado, 4 de abril de 2026
Costa Bezoucos
Para os amantes das camiñatas (grandes ou pequenas) a senda costeira da península de Bezoucos é moi recomendable. Discorre pola costa dos concellos que forman a península: Ares, Mugardos, Cabanas e Fene.
É de dificultade baixa e pódese facer enteira ou por etapas. En calquera época do ano é marabillosa.
domingo, 29 de marzo de 2026
Paseo matinal pola praia
Levantarse cedo, almorzar e baixar dando un paseo á praia de Seselle é unha marabillosa maneira de comezar o día.
A máis absoluta calma nos rodea; so o chío dos paxaros ou o son da marea rompe o silencio (ou o ladrido dun can saudándonos)!
Moi recomendable!
domingo, 22 de marzo de 2026
A nosa costa
Atopar fermosos tesouros paisaxísticos na nosa terra é moi doado. Ás veces, baixando unhas pequenas escaleiras, atopamos un deles, que parece ofrecernos un paraíso para o noso deleite. A auga cristalina do mar, o fondo mariño empedrado, a airexa acariñando a pel, a melodía da natureza nos nosos oídos,...Tanta beleza por descubrir en calquera recuncho de Galicia!
sábado, 21 de marzo de 2026
Primavera
Onte comezou a primavera. O equinoccio de primavera marca o renacer da natureza, o medrar dos días, a forza da vida impulsando a terra,...Unha preciosa estación para disfrutar da natureza que nos rodea. Benvida!
martes, 17 de marzo de 2026
luns, 16 de marzo de 2026
Unha de empanada!
Un dos tesouros da gastronomía galega é a empanada en todas as súas variedades. Cando se vén a Galicia hai que probala!
sábado, 7 de marzo de 2026
Irrepetibles
O paso do tempo produce cambios en todo o que nos rodea: nas persoas, nas paisaxes,...
Nos paseos destes días comprobámolo na praia de Seselle. Por unha banda, os fortes temporais deste inverno destruiron a parte alta da rocha que semellaba unha escultura zoomórfica(a nós parecíanos un canciño). As fotos e os vídeos que lle facíamos a esta "escultura da natureza" non poderemos repetilos.
Outras veces somos os humanos os que alteramos as paisaxes coas nosas construcións.
Irrepetibles. Menos mal que nos quedan estas imaxes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















































