martes, 20 de maio de 2025
Ruta teatralizada das Letras Galegas
Encantada de colaborar na IV Ruta teatralizada das Letras Galegas da Agrupación Instrutiva de Caamouco e a A.VV. de Limodre. Todo un pracer recibilos na nosa casa!
Sobresaliente para a organización, as actuacións e o público.
sábado, 17 de maio de 2025
"O maio"
Este é o noso maio para celebrar a forza rexenerativa da Natureza na primavera.
Recordando o célebre poema de Curros Enríquez neste Día das Letras Galegas:
Aí vén o maio
de frores cuberto
puxéronse á porta
cantándome os nenos
i os puchos furados
pra min estendendo
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros
...
luns, 12 de maio de 2025
Cando marzo maiea, maio marcea.
O refrán di que si disfrutamos dun marzo de bo tempo, logo teremos un maio dun tempo invernal.
O caso, é que este mes de maio empezou regular. Esperamos que pase axiña o tren de borrascas e que maio volva en todo o seu esplendor.
De calquera xeito, os días máis longos sempre ofrecen tréguas que podemos aproveitar para dar un paseo e disfrutar do entorno.
A natureza está esperándonos!
venres, 2 de maio de 2025
A festa dos Maios
A festa dos Maios é unha festa popular que adoita celebrarse o primeiro de maio.
Ten orixe ancestral enmarcado no mundo agrario e de exaltación da fertilidade e da vida vexetal. É o agradecemento á forza rexenerativa da natureza; é a festa do trunfo da primavera, que aquí en Galicia se celebra dende hai moito tempo.
A xesta, o fiuncho, as flores, etc. cubrirán os maios, formarán ramos que pendurarán das portas, adornarán barcos, coches,...
Na nosa bisbarra son famosos os maios de Pontedeume, de Ferrol, de Narón, etc.
mércores, 23 de abril de 2025
Día do Libro
Hoxe 23 de abril, Día do Libro, lembrámosvos que na casa tamén atoparedes libros, guías, folletos, etc. para ler na vosa estadía.
Feliz Día do Libro!!
domingo, 13 de abril de 2025
Torradas
As torradas, esa sobremesa que adoitamos facer con pan reseso, son un doce moi común en Galicia en calquera época do ano. Temos as variantes de torradas de viño, torradas de mel,...
Noutras zonas de España son máis ben doces da Coresma.
Unha lambonada deliciosa!
venres, 11 de abril de 2025
Senda Costeira de Ares
Gustas do Shinrinyoku e das andainas por zonas naturais? Dende os apartamentos hai varias alternativas para elexir:
a Senda Costeira de Ares é magnífica para os afeccionados a estas actividades; pódese ampliar coa Senda Costeira de Bezoucos ou un pouco máis lonxe, as diversas rutas que podemos facer no Parque Natural de As Fragas do Eume.
Anímate nestas vacacións!
martes, 8 de abril de 2025
Desconecta en Semana Santa
Unha escapada rural , fuxindo do balbordo da cidade, das présas, do estrés, é o que precisas nestes días de Semana Santa. Os paseos na natureza, a calma, o descubrimento de lugares cheos de beleza e maxia,... son plans ideais para disfrutar en familia, con nenos, con amigos, en solitario. A nosa pequena e tranquila aldea de Seselle é ideal para vivir esta experiencia rural, e á vez, en poucos minutos de coche poderás estar nunha gran vila ou cidade (Pontedeume, Ferrol, Fene, Narón, A Coruña,...)
Se che apetece.
luns, 7 de abril de 2025
Momentos na horta
Nestes primeiros días de abril a natureza vibra co seu rexurdir e os momentos na horta permítennos disfrutar deses brotes nas árbores e plantas, dos traballos e cantos dos paxaros, das caricias do sol, das carreiras das nubes no ceo cambiante, das chuvias lixeiras de primavera, do firmamento na noite,...
Tantos momentos!
xoves, 27 de marzo de 2025
Rematando marzo
Rematando marzo, e despois dunha sucesión de borrascas que nos afectaron lixeiramente, parece que a primavera xa empeza a mandar na natureza coa explosión de vida que vemos ao noso arredor.
Apetece disfrutar das praias e calas que temos na ría, pasear polos areais, relaxarnos coa cadencia do mar, deixarnos acariciar polo sol,...
O paraíso de Ares, na fermosa península de Bezoucos, espéranos!
luns, 10 de marzo de 2025
Navegando na ría de Ares
A ría de Ares é magnífica para a navegación e se nos apetece unha saída deste tipo, podemos alugar no porto de Ares un veleiro con patrón que nos permita gozar da beleza desta ría.
O Concello de Ares, co seu barco "O Presas" tamén ofrece viaxes dentro da ría, para coñecer a fermosa costa do concello. Ao ser un antigo barco pesqueiro, será unha navegación completamente distinta, pero igualmente atractiva.
Dous xeitos de navegar na ría que, seguro, serán unha marabillosa experiencia!
mércores, 5 de marzo de 2025
Infancia e praia
Calquera fin de semana na praia de Seselle é ideal para as familias con nen@s.
Un día ou dous, nos apartamentos, permitirános baixar nun corto paseo ata a praia e disfrutala, desconectar da vida estresante, reconectar coa natureza, vivir,...
As súas caras e sorrisos dirán todo!
luns, 3 de marzo de 2025
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














































