martes, 17 de marzo de 2026
luns, 16 de marzo de 2026
Unha de empanada!
Un dos tesouros da gastronomía galega é a empanada en todas as súas variedades. Cando se vén a Galicia hai que probala!
sábado, 7 de marzo de 2026
Irrepetibles
O paso do tempo produce cambios en todo o que nos rodea: nas persoas, nas paisaxes,...
Nos paseos destes días comprobámolo na praia de Seselle. Por unha banda, os fortes temporais deste inverno destruiron a parte alta da rocha que semellaba unha escultura zoomórfica(a nós parecíanos un canciño). As fotos e os vídeos que lle facíamos a esta "escultura da natureza" non poderemos repetilos.
Outras veces somos os humanos os que alteramos as paisaxes coas nosas construcións.
Irrepetibles. Menos mal que nos quedan estas imaxes!
xoves, 5 de marzo de 2026
Camiñatas
Nas Fragas do Eume son moitas e variadas as rutas que podemos facer. Esta do Camiño dos Cerqueiros, no corazón das Fragas, é de dificultade baixa e de gran beleza. Case ao remate, o Miradoiro de Carbueira permitiranos asomarnos ao embalse do río Eume.
Un paraíso para camiñantes e amantes da natureza!
venres, 27 de febreiro de 2026
A casa chea
Ás veces, cando se aluga a casa completa para algunha celebración familiar ou de amigos dos clientes, é preciso preparar o máximo de camas, todas as dispoñibles ademais dos sofás cama.
Ata 14 persoas poden durmir na casa!
A casa parece neses momentos a casa grande duns avós que esperan a toda a familia. Está fermosa!
xoves, 26 de febreiro de 2026
Febreiro na praia de Seselle
Un paseo pola praia de Seselle, solitaria neste serán de febreiro, é un estupendo método de recargar pilas.
Camiñar co acompañamento do son do mar, apreciar os cambios que os temporais de inverno produciron na praia, recoller algunha cuncha ou pedriña que me chama a atención, facer un montón de fotos desta beleza que nunca me cansa,... disfrutar do PARAÍSO!
luns, 16 de febreiro de 2026
Larpeiradas de Antroido
Estamos no tempo de Antroido e na gastronomía galega son abundantes as larpeiradas desta época: orellas, freixós, rosquillas, torradas, chulas, flores,...
Hai que probalas todas!
luns, 2 de febreiro de 2026
Entre borrasca e borrasca
Despois dun xaneiro de moitas borrascas e alertas meteorolóxicas por vento, auga e frío, febreiro empeza igual.
Tempo de aproveitar intervalos entre un e outro frente para achegarse ás praias a contemplar a forza do mar, dar pequenos paseos, e sobre todo tempo de sofá e manta: ler unha boa novela, ver algunha peli ou serie, unha bebida quente con algo de picar, contemplar o mundo exterior dende o noso recuncho, ou ...
mércores, 24 de decembro de 2025
venres, 21 de novembro de 2025
Estampas de outono
En calquera lugar de Galicia podemos atopar fermosos recunchos para fotografar. Agora no outono, esas fotos poden ser impresionantes. So hai que deixarse levar polas múltiples estradas e pistas que recorren o noso rural e pola beleza destas estampas de outono que nos ofrecen as aldeas.
Paraísos do norte de Galicia!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































